Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Auditorio acolle a representación do musical Grease


# Venres, 25/04/2008
Será mañá sábado en dúas sesións ás 20:00 e ás 22:30 horas

O Grease Tour chega mañá, sábado 26 de abril, á cidade. Os lucenses poderán disfrutar do famoso musical en dúas sesións: ás 20:00 horas e ás 22:30 horas.

O Concello de Lugo colabora con esta producción de luxo ao abrir as portas do Auditorio Municiopal para fomentar a iniciativa privada e continuar coa súa forte aposta pola pola promoción da cultura na cidade.

O espectáculo que se representou por primeira vez en Broadway en 1971, trata dunha maneira trepidante e divertida de texer unha historia que retomou os anos do primeiro rock and roll norteamericano (finais dos anos 50 y principios dos 60). A montaxe foi todo un éxito e en 1978 o fenómeno GREASE tomou dimensións universais coa película homónima protagonizada por John Travolta e Olivia Newton John.


Agora, en 2008, GREASE tour é un grande musical- en plena efervescencia estatal do xénero- que recolle todas as cancións da película e do musical orixinal ademais doutros clásicos da época. Os números son abraiantes: 25 persoas no escenario entre cantantes e corpo de baile, 10 cambios de vestiario, preto de dúas horas de show....


Repertorio

1.- “Grease”
2.- “Noches de verano” (“Summer nights”)
3.- “Come on let´s go”
4.- “Freddy mi amor” (“Freddy my love”)
5.- “Ramalama ding dong”
6.- “Un quinceañero enamorado” (“A teenager in love”)
7.- “Tu vas a ser mi amor” (“You´re the one that i want”)
8.- “En vano estoy colada” ( “Hopelessly devoted to you”)
9.- “Fiel hasta el anochecer”
10.- “Tears on my pillow”
11.- “Hey baby”
12.- “Born to hand jive”
13.- “Vamos a bailar” (“At the hop”)
14.- “Since I don´t have you”
15.- “Bella fracasada” (“Beauty school drop-out”)
16.- “Shakin at the high school”
17.- “Llueve en mi corazón”
18.- “Shoop shoop song”
19.- “Mágicos momentos”
20.- “El rayo” (“Greased lightnin”)
21.- “Look at me i´m Sandra Dee”
22.- “No podría hacer peor”
23.- “Sandy”
24.- “Ya está bien”
25.- “La bamba”
26.- “Todos juntos” (“We go together”)



Elenco do espectáculo está formado por:

Cantantes.- Beatriz Lara, María, José Antonio Vadillo, Leo Trevi, José María Sales, Pedro Martell y David Ávila

Ballet.- Goyo Gañán, Marta Arnas, Alejandro Rodríguez, Lourdes Moreno, Carlos Rodríguez, Ana Cristina, Álvaro, Alberto Cortés, Fátima Cervantes, Daniel Vegas, Esther Guisado, Emilio Serrano, María José Recio, Francisco Morgado y Mercedes Cantó.

Vestiario: Design Art´s

Coreografía: Goyo Gañán

Atrezzos: Olivercast (Valencia)


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova