Cargando....
Concello de Lugo
04/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Carmen Basadre participa nun seminario europeo sobre o emprego da muller


# Venres, 25/04/2008
Celebrouse en Xixón o 24 e 25 de abril

A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, participou no VIII Seminario Europeo sobre Empleo. La hora de la mujer celebrado o xoves 24 e o venres 25 de abril na Escola de Hostalería de Xixón.

No seminario, organizado pola Asociación de Xornalistas Europeos, propúxose incentivar un debate sobre as distintas políticas de emprego que se desenvolven en Europa a nivel rexional, nacional e comunitario sobre as particularidades que ten o mundo laboral para o colectivo de mulleres, considerando a evolución demográfica e inmigratoria no continente.

Examinouse tamén o impacto que terá en España o desenvolvemento da Lei Orgánica para a igualdade efectiva de mulleres e homes aprobada en marzo de 2007. Ademais, subliñouse a importancia do nivel local para o desenvolvemento das políticas públicas ao consideralo máis próximo á realidade das mulleres.

Para lograr manter e ata incrementar a capacidade produtiva da economía española, será necesario aumentar a participación na poboación activa mediante unha maior incorporación de mulleres, ademais doutras medidas como o alongamento da vida laboral ou un fluxo adecuado de poboación inmigrante, aproveitando plenamente o potencial das mulleres inmigrantes no mercado de traballo.

No entanto, hai que ter en conta que a maior participación das mulleres agudizará o problema da compatibilidade entre traballo e familia e esixirá medidas adecuadas por parte dos poderes públicos e unha nova mentalidade empresarial que contribúan a atraer e fixar no mercado de traballo ás mulleres.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova