Cargando....
Concello de Lugo
28/01/23
NOVAS
Escoita esta páxina

A Comisión do rueiro nomea sete novas rúas e prazas da cidade de Lugo


# Luns, 28/04/2008
A semana pasada puxeron nome a 17 localizacións

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, presidiu unha nova xuntanza da Comisión de Rueiro na que se deu nome ás sete rúas e prazas que quedaron pendentes a semana pasada.

Deste xeito complétase a listaxe de rúas sen nome que existían ata o de agora en Lugo e que ascendían a 24. Con esta nova xuntanza plantexáronse e estudáronse novas propostas que foron aprobadas pola Comisión e que se levarán a Pleno.

Son:

- Xesús Vilela García (Profesor), ao que se lle dedicará unha rúa en Abuín.

- Ramón Beberide (Radiofonista) na Praza do Castiñeiro. Foi unha petición feita e asinada polo Alcalde de Lugo, José López Orozco.

- Rúa Rvdo. Xosé Fernández Núñez (fundador, promotor e primeiro párroco da Milagrosa), estará nese barrio a petición da Asociación de veciños.

- Rúa Anselmo Sampedro Ania (sindicalista), tamén na Milagrosa. Foi unha petición da Unión Comarcal de Comisiones Obreras.

- Rúa José García Rodríguez (músico) en Montirón. Esta foi unha proposta presentada pola Sociedade Filarmónica.

- Rúa Xosé Pujol y Báffer (impresor), estará na zona de Rosende

- Rúa Juan Antonio Moreno Fuentes (músico), en Montirón e a petición da Filarmómica.

Tamén se decidiu, a petición da Asociación de Veciños da Milagrosa, nomear a futura nova praza do barrio como Agro do rolo.

A Comisión do Rueiro adoptou ademais o compromiso de que unha das novas rúas do hospital que está en construción na cidade levará o nome do doutor Ulises Romero.

A Comisión está composta por representantes dos diferentes grupos con representación municipal, representantes da Federación de Veciños, ténicos do Concello e un historiador.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova