Imprimir

A CONSELLERÍA DE TRABALLO SUBVENCIONARÁ CON 285.000 EUROS SEIS CURSOS DO PLAN FIP ORGANIZADOS POLO CONCELLO


30/4/2008 Os cursos responden aos novos perfiles profesionais que están xurdindo

O Concello de Lugo vai impartir seis accións formativas de plan FIP (Formación para a Inserción Profesional) dirixidas a persoas en situación de desemprego, grazas a unha subvención de 285.000 euros da Consellería de Traballo, así o indicou a Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez.

Os cursos que se impartirán son os seguintes:

* TÉCNICO AUXILIAR EN DESEÑO INDUSTRIAL, de 590 horas.

* AXENTE DE INNOVACIÓN, de 200 horas. (Acción Experimental)

* TÉCNICO EN AVALIACIÓN E APLICACIÓN DE SISTEMAS E MEDIDAS DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA, de 150 horas. (Acción Experimental).

* AUXILIAR DE AXUDA A DOMICILIO, de 465 horas de duración. Desta especialidade impartiranse 3 cursos. (Permite o acceso á obtención do Certificado de Profesionalidade na especialidade).

Está previsto que os tres primeiros cursos se inicien en xuño, en horario de mañá (9:00 a 14:00 horas). Os de Auxiliar de Axuda a Domicilio iniciarán dous en xuño, un en horario de mañá (de 9:00 a 14:00 horas), e outro de tarde (de 16:00 a 21:00 horas). O terceiro curso dará comenzo a mediados de xullo.

A Concelleira indicou que o proceso de selección de candidatos xa deu comenzo coa solicitude de candidatos ao servizo público de emprego, tal e como establece a Orde de convocatoria de cursos do plan FIP para o ano 2008.

As persoas interesadas deben acudir, o antes posible, á oficina de emprego na que estean inscritos como demantantes e manifestar expresamente o seu interese na realización destes cursos, para que a propia oficina os poida convocar á proba se selección de candidatos. Se non están inscritos, deben facelo, e indicar o curso que lles interesa.

Os requisitos para poder acceder a estes cursos son:
1º. Estar inscritos en calquera oficina do servizo público de emprego como demandantes de emprego.
2º. Cumplir os “Requisitos de acceso do alumno” que figuran no programa de cada acción formativa.

En todos estes cursos existe a posibilidade de realización de prácticas en empresas unha vez rematada a acción formativa.

Os alumnos que resulten admitidos terán dereito a unha axuda de 6 € por día de asistencia ao curso. Durante o período de prácticas en empresas a axuda será de 10 € por día laboral.

Sonia Méndez explicou, ademais, que todas estas accións formativas inclúen un módulo de formación para a igualdade, e outro sobre a creación dunha empresa.

Os interesados en obter máis información sobre estes cursos poden consultar a web do Concello

Seguridade no CEAO
Por outra banda, a Concelleira expresou “a satisfación do Equipo de Goberno pola resolución que permite a instalación das Cámaras de videovixilancia no Polígono do Ceao xa que era unha demanda dos empresarios da zona para garantir a seguridade das empresas”. Ademais, segundo Méndez, “a resolución pon de manifesto que o proxecto presentado polo Concello era o que máis garantía osdereitos fundamentais dos cidadadáns como o son o da intimidade e imaxe”.