Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Luz Casal presentará o seu novo disco ante os lucenses


# Martes, 29/04/2008
Será no Auditorio mañá mércores ás 22:30 horas

O programa cultural froito do convenio entre Caixanova e o Concello de Lugo continuará mañá, día 30 de abril, coa actuación de Luz Casal no Auditorio Gustavo Freire ás 22:30 horas.

A artista galega reaparece na cidade con Vida tóxica, o disco máis poético da súa traxectoria. Nel conflúen varias vertentes que Luz foi coidando ao longo dos anos. Como letrista, bebe da poesía de xeito meritorio, acadando textos de calidade grazas á exactitude das palabras escollidas, a adxectivación e o uso das metáforas. Como músico, ten a enorme virtude de saber apreciar o equilibrio, importante valor que desemboca nos diferentes ritmos que enriquecen o disco e que reforzan a súa versatilidade.

Como intérprete, consegue acentuar o comezo, a metade ou
o final dunha palabra ou dun verso, creando unha atmósfera tráxica, tenra ou misteriosa segundo conveña, sen adobíos vocais innecesarios.

As entradas para o concerto xa están á venda de xeito anticipado a través da páxina web www.caixanova.es e na taquilla telefónica: 902 504 500. Por suposto, as entradas sobrantes poderán mercarse dende unha hora antes no propio Auditorio.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova