Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Continúa o ciclo de cine xuvenil sobre Muller e Interculturalidade coa proxección de Los amantes del Círculo Polar


# Xoves, 01/05/2008
Será mañá venres ás 22:00 horas no Centro Social Municipal Uxío Novoneyra

Mañá venres, 2 de maio, continúa o ciclo de cine xuvenil “Muller e interculturalidade” organizado polo Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias dependente da Concellería de Muller e Benestar Social que dirixe Carmen Basadre.

O obxectivo do ciclo é ofrecer á xuventude lucense unha actividade de lecer alternativa e gratuíta. Todos os venres, ata o 27 de xuño, proxectarase unha película no Centro Social Municipal Uxío Novoneyra a partir das 22:00 horas.

Os lucenses poderán disfrutar mañá do filme Los Amantes del Círculo Polar. A película narra a historia de Ana e Otto, dous nenos de oito anos que un día se coñecen á saída da escola. Nese mesmo momento nacerá unha historia de amor secreta e circular que se pechará dezasete anos despois en Finlandia, no mesmo Círculo Polar Ártico. A película narra a fermosa e dramática historia de amor que viven os dous protagonistas, desde o seu primeiro encontro na infancia ata os venticinco años.

Ao longo deste ciclo proxectaranse outros títulos de recoñecido prestixio e gran calidade cinematográfica.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova