Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Sete obras compoñen a VI Edición da Mostra de Teatro Cidade de Lugo


# Mércores, 30/04/2008
Representacións polas rúas da cidade e o campus universitario completarán o programa

O vindeiro luns 5 de maio comeza a VI Edición da Mostra de Teatro Cidade de Lugo organizada polo Concello de Lugo coa colaboración da Vicerreitoría de Cultura da USC e a Escola Arte e Lecer Fingoi, que nesta edición estará coordinada por Palimoco Teatro. Así o anunciaron hoxe a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, o o vicerreitor de Coordinación do Campus de Lugo, Carlos Herrero; a presidenta da Escola de Arte e Lecer, Asunción Fernández, e o representante de Palimoco Teatro, Alberto Vivero.

A Concelleira expresou a súa satisfacción por “chegar ao sexto ano dunha mostra que se convertiu nun dos grandes eventos culturais da cidade”.

Este encontro cultural comezará coa Compañía de Teatro da USC- Lugo, este ano dirixida por Quico Cadaval, co estreo en Lugo da obra A Ronda, que ven de ser galardoada cunha mención especial do xurado na XIII MITEU de Ourense.

Continuará o 6 de maio a Aula de Teatro do Concello cunha obra de Lorca Vodas de Sangue, baixo a dirección de Guillermo Cancelo. O día 7 de maio Jorge Coira amosará as súas dotes como director teatral coa estrea da obra FLIS-FLI-RIS-FLAS de Matapiollos Teatro. O 8 de maio representarase a obra O tempo apremia, unha nova proposta de Nostrun-Cai baixo a dirección de Lola Fernández.

A Mostra retomarase o día 12 de maio con Pic-nic de Pinchacarneiro Teatro e, ao día seguiente, o 13, será o preestreno en Lugo de O Divino Sainete de Achádego Teatro.

O día 14 pechará a Mostra a obra Pensión 13 do dramaturgo lucense Xoan Laxe representada polo grupo Nova Escena Teatro, dirixidos polo tamén lucense Mario Tomás López.

As rúas e o Campus tamén se encherán de teatro coas compañías independentes universitarias Residencia Bal e Gay e Tessellas teatro, que actuarán os días 30 de abril, 2, 8 e 9 de maio.

A Concelleira de Cultura afirmou que “este ciclo teatral é unha boa mostra de que o teatro feito en Lugo goza de boa saúde grazas ao traballo e a persistencia dos grupos e ao apoio das institucións”.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova