Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Lugo acolle a final provincial de Duatlón Escolar Xunta de Galicia 2008


# Venres, 02/05/2008
Uns 250 rapaces e rapazas participarán nesta cita deportiva

Mañá sábado, 3 de maio, terá lugar a final provincial de Lugo Duatlón Escolar Xunta de Galicia 2008 organizada pola A.D. FeFeMe Triatlón do Miño co patrocinio do Concello de Lugo e a Dirección Provincial de Cultura e Deporte en Lugo. Para a realización desta proba contarase coa colaboración da Federación Galega de Triatlón, Protección Civil Concello de Lugo, a Policía Local, a Fundación Deporte Galego, o Xacobeo e Asogal.

Os organizadores prevén unha participación de 120 rapaces e rapazas de toda a provincia.

Os alevíns sairán as 11.00 horas e percorrerán 1 quilómetro de carreira a pé, 4 en bicicleta e 0,5 de carreira a pe. Os infantís sairán ás 11:30 horas percorrendo 2 quilómetros a pé, 8 quilómetros en bicicleta e un a pé. A categoría cadete sairá ás 12:15 horas e percorrerán 3 quilómetros de carreira a pé, 12 en bicicleta e 1,5 a pé.

A saída terá lugar no aparcamento situado a 2 km do cruce da estrada do Rato, LU-2925, coa estrada de Fonsagrada en dirección a Tolda. A recollida de dorsais poderá efectuarse na carpa de organización o carón dos boxes desde 45 minutos antes do comenzo de cada proba ata 10 minutos antes da saída.

A carreira rexerase segundo as normativas vixentes do Regulamento de Actividade deportiva en idade escolar 07/08 que edita a Consellería de Cultura e Deporte da Xunta de Galicia.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova