Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A segunda edición do Conéctate en Lugo pechouse con uns 500 participantes


# Venres, 02/05/2008
Os cidadáns poderán ver a través da web municipal a retransmisión dos plenos en directo

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, fixo balance da segunda edición da campaña de familiarización coas Novas Tecnoloxías, Conéctache en Lugo 2.0. A Concelleira afirmou que “o éxito no número de participantes, ao redor de 500, demostra que Lugo e os seus cidadáns cada día é máis dixital”.

A campaña realizouse a través de aulas itinerantes situadas nos oito centros sociais municipais da cidade, dinamizada por medios interactivos e conducidas por persoal monitor especializado. As aulas itinerantes estiveron ocupadas cos últimos medios tecnolóxicos, e a través das mesmas promoverase a sensibilización en canto ao uso das Novas Tecnoloxías aos cidadáns do municipio Lugo e disminuir así a brecha dixital.

Nas diferentes sesións que se levaron a cabo, os usuarios recibiron información das vantaxes que nos proporciona o uso da rede nas distintas actividades diarias. Ademais, aprenderon unha introdución ao manexo de Internet, a descarga de fotografías, a crear contas de correo, etc. Tamén, coñeceron testemuños e casos reais de cidadáns aos que Internet lles cambiou a vida.

Zarzuela explicou que os obxectivos do programa cumplíuse amplamente xa que o 62% dos participantes foron mulleres e o 32% homes, máis dun 50% pasaron dos 40 anos.

Foron moitos os que se animaron a participar na iniciativa “Forma a túa Familia Dixital” optando a un dos tres grandes premios: unha viaxe, unha consola e un mP4. Creáronse un total de 50 familias dixitales entre todos os participantes que tiñan como requisito estar formadas por un membro maior de 45 anos ou unha muller que non traballara fóra de casa.


Novidades do Lugo Dixital
A Concelleira anunciou tamén que co aumento do manexo das novas tecnoloxías por parte dos cidadáns, “estamos a facer un plan piloto para desplegar a banda ancha na zona rural: Tirimol, Muxa, Pías e Mazoi, que se porá en marcha a finais de ano para, paulatinamente, ir ampliando as zonas por outras parroquias”.

Ademais, na cidade implantouse xa a tecnoloxía WIFI na planta baixa do Seminario, na segunda do Uxío Novoneyra, no Centro Social da Milagrosa e no Centro Deportivo de Duquesa de Lugo.

Con esta iniciativa o Equipo de Goberno quere facilitar o acceso a Internet a todos os cidadáns para que poidan ter un contacto permanente coas novas tecnoloxías e a sociedade da comunicación.

Zarzuela aproveitou para decir que dentro do programa que se está a levar a cabo, sobretodo de implantación de infraestruturas, para favorecer á información dos ciudadáns a través de Internet, próximamente poderán retransmitirse en directo os plenos a través da Web do Concello. A Concelleira explicou que as infraestructuras de imaxe e son xa están instaladas no Salón de Plenos da Casa do Concello pero faltan por rematar pequenas cuestións técnicas que, probablemente, estarán acabadas nos meses de verán.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova