Imprimir

OS CONTACONTOS VISITARÁN 16 CENTROS EDUCATIVOS NA VI SEMANA DA ORALIDADE


4/5/2008 O obxectivo marcado pola Concellería de Educación é levar a tradición oral aos escolares lucenses

Mañá, luns 5 de maio, comeza a sexta edición da Semana da Oralidade, organizada pola Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro. Este ano novamente o centros de ensino de Primaria serán os grandes beneficiados deste programa, que tamén está aberto ao público familiar polas tardes a distintas horas e en distintos contornos.

Un total de 16 centros educativos do Concello recibirán a visita dos contacontos pola mañá, a partir das once, ao mesmo tempo que visitarán centros sociais e outro tipo de locais públicos polas tardes.

O programa ten como finalidade levar a tradición oral aos escolares por medio de contacontos e actuacións que se levan a cabo durante toda a semana. A través das contadas e relatos, o alumnado está en contacto coa oralidade galega, onde sempre logra participación obsoluta dos colexios e unha ampla acollida.

Daranse representacións esta semana, a partir das seis da tarde, de luns a venres sucesivamente, nos Centros Sociais de Fingoi, Díaz Castro, Uxío Novoneyra e na Biblioteca Municipal. Tamén, haberá dúas sesións ás 20:00 horas na librería Trama,o martes e o venres.

Participan nesta iniciativa os máis coñecidos contacontos lucenses e galegos, ademais doutros vidos doutras partes do territorio nacional.