Cargando....
Concello de Lugo
07/12/21
NOVAS
Escoita esta páxina

Máis da metade dos lucenses consideran o pago a través da web como o máis útil na atención ao contribuinte


# Luns, 05/05/2008
A domiciliación do recibo e a segunda medida máis valorada

A web municipal realizou unha enquisa sobre as medidas máis útiles do proceso de mellora e modernización na atención ao contribuinte realizada polo Concello de Lugo apostando pola claridade e a transparencia na xestión.

Segundo os resultados obtidos neste sondeo, que propuxo cinco opcións de resposta, o 51,97% dos votos (con 79 votos) dos lucenses considera que o máis cómodo e o pago a través da web do Concello mediante unha pasarela de pagos.

Para o 19,07% dos participantes (con 29 votos) é moi útil a domiciliación do recibo que agora se cargará nos últimos 15 días do prazo fixado para o pago voluntario, mentres que o 17,10% dos internautas (con 26 votos) valoran a emisión dun recibo máis claro e con máis información para o contribuinte. O pago en caxeiros obtivo o 6´57% dos votos e o pago por TPV dende as mesmas oficinas municipais da Tesourería o 5´26% .

Nesta enquisa, que permaneceu activa entre o 15 de abril e o 5 de maio, participaron un total de 152 persoas a través de www.lugo.es.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova