Cargando....
Concello de Lugo
01/12/21
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello seleccionará persoal laboral na categoría de oficial electricista


# Luns, 05/05/2008
O anuncio fíxose público no Boletín Oficial da Provincia

A Xunta de Goberno Local do Concello de Lugo celebrada o pasado 16 de abril, adoptou, entre outros, o acordo de aprobación de bases e convocatoria do proceso selectivo para a confección dunhas listas para contratación de persoal laboral temporal (contratado laboral interino ou contratado laboral temporal) para prestar servizos no Concello de Lugo na categoría de Oficial Electricista.

As bases fixéronse públicas a través dun anuncio de no Boletín Oficial da Provincia de Lugo e dende ese momento están colgadas tamén na web do Concello: www.lugo.es. Os sucesivos anuncios en relación con este proceso, publicaranse no Taboleiro de Anuncios do Concello.

O prazo de presentación de instancias será de dez días naturais, contados a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Lugo. A presentación de instancias realizarase no Rexistro Xeral do Concello.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova