Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Pleno do Concello de Lugo homenaxea a Calvo Sotelo e a Aniceto Codesal


# Luns, 05/05/2008
Aprobaron por unanimidade un acordo de sentimento ao ex-presidente e ao ex-concelleiro

O Excelentísimo Concello en Pleno aprobou por unanimidade a adopción do acordo de expresar a condolencia da Excma. Corporación Municipal ás familias do ex-presidente D. Leopoldo Calvo-Sotelo y Bustelo e do ex-concelleiro lucense D. Aniceto Codesal Lozano.

No Acordo os tres grupos con representación municipal deciden “que é obrigado facer no día de hoxe unha lembranza da figura de Calvo-Sotelo. Con 82 anos morre o que foi o segundo presidente do Goberno da España constitucional, o primeiro en falecer.

Un home vinculado a Lugo non por nacemento, naceu en Madrid, senón por sentimento, o que lle dá aínda se cabe máis valor. Estudou parte do Bacharelato no Instituto Lucus Augusti da cidade amurallada.
 
Calvo-Sotelo foi definido como un político de raza. Os que o coñeceron de preto din que era un home discreto, leal, honesto e sobre todo un gran demócrata. Para el a democracia debía impoñerse a todo e ese pensamento converteuno nunha figura clave da historia recente de España.
 
Con Calvo-Sotelo déixanos un dos símbolos da Transición, e un dos homes que máis contribuíron a sentar as bases da etapa democrática máis longa que viviu España.”

Aniceto Codesal Lozano foi concelleiro en Lugo entre os anos 1979 e 1983 e faleceu á idade de 88 anos o pasado 29 de abril. A súa figura forma parte da historia política da cidade.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova