Imprimir

O CENTRO ASOCIADO UNED DE LUGO CONVOCA PRAZAS DE PROFESOR-TITOR


6/5/2008 O prazo para a presentación destas solicitudes comeza o martes 6 de maio

A partir de mañá martes 6 de maio está aberto o prazo da convocatoria para a presentación de solicitudes a prazas de profesor-titor interino no Centro Asociado da UNED en Lugo.

O Padroado do Centro Asociado que preside o Alcalde de Lugo, José López Orozco, decidiu na súa xuntanza do pasado 17 de abril de 2008, efectuar a convocatoria para a presentación de solicitudes a profesor-titor interino con suxeición ás Bases dispoñibles no taboleiro de anuncios dO Centro Asociado (Rúa Cantigas e Frores,
nº31, Lugo) e na páxina web:http://www.intecca.uned.es/redNoroeste.php

Crearase unha Comisión de Valoración que é a que fará a selección e que empregará os seguintes baremos: o expediente académico puntuará ata 5 puntos, a posesión doutras titulacións ata 0.5 puntos, a experiencia docente ata 5 puntos, as publicacións ata 3, a experiencia profesional ata 10 puntos, os estudos realizados na UNED ata 2 e a adecuación do candidato ao perfil da titoría ata 5 puntos.