Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O turismo de Lugo medrou durante a ponte de maio nun 100%


# Martes, 06/05/2008
Os datos confirman que a cidade estase a consolidar como destino turístico de referencia nacional

O número de turistas que visitan a cidade de Lugo continúa a medrar segundo amosan as cifras de visitantes que se achegaron á Oficina Municipal de Turismo para solicitar información na ponte do primeiro de maio. “Durante estes días o servizo de información turística municipal atendeu a un total de 948 persoas, cifra moi positiva tendo en conta que no mesmo periodo no 2007 atendéronse a 477 visitantes” así o indicou a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo.

A Concelleira afirmou que “estes datos confirman que Lugo estase a convertir nun destino turístico cultural de referencia nacional que conta cunha oferta de interese para os visitantes, que, ademais da Muralla, atopan monumentos, museos, gastronomía, tradicións e comercio”. Os museos municipais recibiron un bo número de visitantes durante os días da ponte de maio: 79 persoas visitaron o Centro Arqueolóxico de San Roque, 82 a Sala de Exposicións Porta Miñá, e 453 a Casa dos Mosaicos.

Respecto á procedencia dos visitantes:

• A maioría do territorio nacional:378 de Madrid, pero tamén destacaron os que chegaron do País Vasco, Cataluña ou Castilla La Mancha.

• O número de turistas estranxeiros ascende a 174. Na súa maioría son europeos, principalmente de Francia (56), 12 ingleses; dos Estados Unidos (52) e 13 de Xapón.

A Concelleira amosou tamén a súa satisfacción pola ocupación hostelera da cidade. “Prácticamente todos os hoteis e hostais da cidade estiveron al 100% de ocupación nos días da ponte”.


Novas dotacións
Concepción Burgo tamén anunciou que o Centro de Interpretación da Muralla de Lugo abrirá este mes. O centro está xa terminado pero falta coordinar axendas dos representantes das tres institucións que forman parte do Pan de Excelencia Turística e que colaboraron na creación do centro para a súa inauguración, realizar as labores de ao personal que se vai a ocupar do centro

O edificio, situado na praza do Campo, atópase no centro histórico da cidade, o que foi de especial interese para o desenvolvemento do proxecto. Buscouse respectar a identidade da construción así como establecer un diálogo coherente entre a museografía e a arquitectura.

Trátase dun centro de recepción de visitantes funcional, atractivo e ben equipado que ofrecerá unha visión interpretativa e amena da Muralla, facilitando unha maior comprensión da mesma e da cidade, o que haberá de redundar tanto en beneficio do visitante (mellor comprensión e satisfacción) como da cidade (maior tempo de estancia). Esta visión tamén inclúe os recursos da área de influencia turística de Lugo, acorde coa estratexia de potenciar o concepto de Lugo como capitalidade da Galicia interior.

Neste centro, realizaranse tarefas de:

- Recepción e acollida de visitantes e información e venda de servizos turísticos.

- Comunicación e promoción do propio centro e de Lugo como destino turístico.

- Programas educativos- talleres didácticos.

- Programas de animación cultural.

- Programas de animación turística.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova