Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O primeiro recital en Galicia da soprano inglesa Carolyn Sampson, o oitavo concerto do Festival de Música Cidade de Lugo


# Martes, 06/05/2008
Os asistentes disfrutarán dun suxerente e variado programa dedicado ao lied alemán e a mélodie francesa

A lírica e os seus xéneros volven a ser un dos pratos fortes da programación do Festival de Música Cidade de Lugo, que tras a actuación da soprano alemá Simone Kermes non deixa que decaia o interese das súas propostas e así contamos para este oitavo concerto coa presenza de dous artistas de recoñecido talento e fama internacional como a soprano Carolyn Sampson e o pianista Julius Drake.

Para o seu primeiro recital en Galicia, a soprano inglesa Carolyn Sampson escolleu un variado programa con lied alemán (Mendelssohn e Schubert) e mélodie francesa (Debussy e Poulenc). Carolyn Sampson revelouse nos últimos anos como unha das cantantes con maior personalidad e carácter do seu país e é constantemente invitada para realizar numerosas gravacións discográficas e actuar por toda Europa e os Estaddos Unidos a carón de coñecidos e reputados directores como Trevor Pinnock, Paul McCreesh, Mark Elder, Robert King e un longo etcétera.

Carolyn Sampson contará cunha compaña de luxo, a do pianista londiniense Julius Drake, un colaborador habitual do noso festival que atesoura unha grande experiencia acompañando aos mellores cantates: nomes como os de Thomas Allen, Olaf Bär, Ian Bostridge, Angelika Kirchschlager, Jose Van Dam, Willard White, Joyce Didonato, Derek Lee Ragin, Diana Damrau, Thomas Quasthoff, Dorothea Röschmann ou Simon Keenlyside son só algúns dos cantantes que adoita acompañar Julius Drake.

A cita é no Círculo das Artes mañá mércores 7 de maio e a entrada é gratuíta (ata completar o aforo do local) como é habitual no festival.

As seguintes citas do festival serán a próximo sábado 10 de abril co segundo dos concertos do “Corpus dos nenos” (A historia do violín e o seu misterio a cargo do violinista Florian Vlashi) e o martes 13 de maio cun dos programas de música de cámara do festival (o concerto dedicado ao trío de frauta, violoncello e piano no Conservatorio protagonizado por Lauren Blaiteau, Thomas Piel e Emmanuelle Janisz).


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova