Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Nove empresas presentaron a súa oferta para redactar o proxecto da construcción da biblioteca de A Piringalla


# Martes, 06/05/2008
As propostas serán estudadas polos técnicos do Servizo de Arquitectura do Concello

A mesa de Contratación do Concello de Lugo, celebrada esta mañá, recibiu un total de nove ofertas para a cotratación da asistencia técnica para a redacción do proxecto técnico e dirección de obra de construcción dunha biblioteca no barrio da Piringalla. O prezo máximo do contrato estaba fixado en 64.982 euros e unha duración de tres meses.

Este é un paso máis para acadar un dos compromisos acadados polo Goberno de López Orozco nas pasadas eleccións.

A biblioteca, que estará situada entre a rúa das Fontes e a rúa Matemático Vázquez Queipo, incluirá:
- Sala Infantil.- Bebeteca(para nenos de 0 a 6 anos), zona de lectura, de axuda a escola, e audiovisuais.
- Sala de adultos.- Inclúe hemeroteca, zona de lectura e consulta, zona multimedia con fonoteca e videoteca, acceso a internet.
-Outros servizos: Sala polivalente, zona administrativa, depósitos, almacén, zona de fotocopias...

A mesa de contratación acordou solicitar un informe técnico ao servizo de arquitectura do Concello para valorar as propostas de cada unha das nove empresas que presentaron a súa oferta:

- Santiago Fernández Manzanedo
- Óscar Sánchez Martínez
- Santiago Catalán Tobía
- Javier Seral y Eva del Valle arquitectos S.L.
- GAU Arquitectura y Urbanismo S.L.
- UTE entre SICON S.L. y TAIG.
- María Pilar Palmeiro Díaz
- KM Arquitectos Vino López S.L.P.
- Daniel López Ben- Pablo Noya Suárez

Por outra banda, a Mesa de Contratación do Concello abriu tamén as plicas presentadas para as obras de urbanización dun tramo da rúa López Guntín. Foron dúas as ofertas presentadas: unha de Obras Exc. Y Canteras Cholo S.L. e outra de Construcciones Sanle Lugo S.L. O prezo do contrato estaba fixado en 56.494 euros e un prazo máximo de 3 meses.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova