Cargando....
Concello de Lugo
04/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

O trasfondo das drogas a debate nunha xornada organizada polo Concello de Lugo


# Mércores, 07/05/2008
A Concelleira de Benestar Social convidou a profesionais do sector xudicial, médico e de prisións

A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, organizou xunto cos responsables do Servizo de Prevención de Drogodepenzas do Concello de Lugo, unha xornada para dar a coñecer a cara oculta das drogodependencias. Baixo o título Drogas, que hai detrás?, un grupo de profesionais explicaron as súas diferentes visións das dramáticas consecuencias que produce o consumo de drogas.

Na xornada, que tivo lugar no salón de actos do IES Lucus Augusti, participaron máis de 50 rapaces de 1º de BAC da cidade de Lugo, que escoitaron as distintas perspectivas dun mesmo problema que os relatores definiron como un “problema de saúde pública”. Inrterviron Víctor Fraga, Director do Centro Penitenciario de Monterroso, José Varela Agrelo, Maxistrado da Audiencia Provincial de Lugo, José Luis Conde Salgado, Fiscal Especial Antidroga de Galicia e Carlos Quintas, Responsable da Sáude Preventiva en Lugo.

A Concelleira de Muller e Benestar Social, agradeceu a súa presenza e lembrou que este grupo de profesionais de “recoñecido prestixio en cada un dos seus ámbitos”, participaron tamén no I Foro Internacional da CICAD que tivo lugar en Santo Domingo e que no ano 2010 se celebrará en Lugo. Basadre, explicou a importancia deste encontro que atraerá á cidade a centos de profesionais chegados dende diferentes partes do mundo.

Carmen Basadre explicou que este relatorio ten a finalidade de sacar á luz realidades moi duras e que a sociedade non coñece profundamente. O mundo das drogodependencias leva aparelladas situacións tan dramáticas como as enfermidades mortais, os trastornos psicolóxicos, a prisión, a soedade, a perda de autoestima... “por iso dende o Concello consideramos convinte que os máis novos saiban o que hai detrás deste oscuro mundo, que algúns intentan presentar como marabilloso”.

O primeiro en intervir foi José Varela Agrelo, Maxistrado da Audiencia Provincial de Lugo, quen destacou a importancia de eliminar as mensaxes pouco claras sobre este tema. O xuíz, explicou casos persoais de mozos que caen no mundo das drogas e agora piden que se dé a coñecer o seu caso para que “as persoas que poden decir que non, saiban ao que se enfrontan se din que si”.

Os relatores empregaron casos reais, sen identificar ás persoas, para facer máis comprensible situacións cotiás que se transforman pola irrupción das drogas. Varela Agrelo poñía o exemplo dun mozo que “por unha decisión equivocada acababa no xulgado. Por iso é importante que nos dirixamos aos mozos que aínda poden non caer”.

Para iso empregaron cartas e testemuños de persoas que agora cumpren condea ou de familiares de presos que viviron a evolución das drogas ata a desestructuración total da familia.

Todos concluiron que é fundamental que a persoa teña a capacidade de decidir, que saiba ao que se enfronta xa que no momento decisivo é unha cuestión de decir si ou non,

O Fiscal Especial Antidroga de Galicia, explicou que a droga é unha sustancia que atrae, polas mensaxes que a rodean “comezas, porque te sintes máis forte, máis activo e o corpo cada vez pide máis e a droga cada vez deteriora máis á persoa. O importante é evitar entrar nese círculo”.

Segundo Carlos Quintas, Responsable da Sáude Preventiva, é fundamental o papel educativo, a eliminación de estereotipos que venden “que para triunfar é necesario consumir algún tipo de droga”. O papel do grupo tamén é decisivo “as conductas iniciáticas prodúcense por un efecto reflexo e o corpo cada vez esixe máis substancias, substancias máis fortes, para conseguir o mismo efecto”.

Quintas destacou a importancia do papel da mocidade na concienciación social “vos debedes coller o testigo”.

Víctor Fraga, Director do Centro Penitenciario de Monterroso leu unha serie de historias reais, dramas que el vive todos os días e que son realidades familiares moi duras.

Presos que caeron nas drogas “porque algo se torceu”. Casos de mozos que “se enganchan pensando que é un día de festa”, familias rotas “porque gastan os cartos dunha nai que se mata a traballar, para matarse eles mesmos”.

Victor Fraga presentoulles aos mozos historias reais, de rapaces que algún día estiveron onde están eles hoxe. Mozos que ven como a droga “se converte nunha necesidade”, persoas que perden completamente a autoestima, á familia, aos amigos, o traballo. Historias de nais que viven a morte “inevitable” dos seus fillos...

Os relatores concluiron que é fundamental estar informados e que non se pode pensar que iso non “me vai a pasar a min”. O consumo, segundo os participantes non depende da idade nin da independencia económica do consumidor.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova