Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O tren da memoria a seguinte cita do ciclo de cine xuvenil sobre Muller e Interculturalidade


# Xoves, 08/05/2008
Será mañá venres ás 22:00 horas no Centro Social Municipal Uxío Novoneyra

Mañá venres, 9 de maio, continúa o ciclo de cine xuvenil “Muller e interculturalidade” organizado polo Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias dependente da Concellería de Muller e Benestar Social que dirixe Carmen Basadre.

Os lucenses poderán disfrutar mañá do filme O tren da memoria. A película retrata o éxodo de dous millóns de españois que buscaron a prosperidade en Europa nos anos sesenta. Fóronse para uns meses e ao final quedaron trinta anos.

O documental pretende cubrir unha lagoa na recente historia de España e saldar unha débeda cos protagonistas duns tempos difíciles dos que apenas sabemos algo máis que un concisa historia oficial e uns cantos tópicos. Con Josefina Cembrero subimos a O tren da memoria. Ela foi un deses dous millóns de españois que soñaron cunha vida mellor. Con ela emprenderemos outra vez o mesmo camiño que realizou fai corenta anos. Un percorrido histórico e sentimen-tal ata o seu destino: o traballo en cadea na fábrica QElle en Nú-remberg, Alemaña.

O obxectivo do ciclo é ofrecer á xuventude lucense unha actividade de lecer alternativa e gratuíta. Todos os venres, ata o 27 de xuño, proxectarase unha película no Centro Social Municipal Uxío Novoneyra a partir das 22:00 horas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova