Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Os gañadores do VII Concurso de Debuxo Educación Viaria Cidade de Lugo reciben o seu premio esta fin de semana


# Xoves, 08/05/2008
O PIT celebra a Festa de Educación Viaria

O vindeiro sábado, día 10 de maio, ás 13:30 horas, nas instalacións do Parque Infantil de Tráfico terá lugar a entrega de premios aos gañadores do VII Concurso de Debuxo de Educación Viaria Cidade de Lugo de carácter rexional, que todos as anos convoca o Concello de Lugo en colaboración coa Xefatura Provicial de Tráfico e a Fundación Mapfre de Seguridade Viaria.

Durante todo o día en horario de 10:30 á 13:30 e de 16:30 á 19:30 horas, nas carpas instaladas ao efecto, estarán expostos para se visiten, todos os debuxos que resultaron gañadores do concurso, así como todos os restantes que se presentaron ao mesmo.

Ademais, e do mesmo xeito que todos os anos, nesta xornada o Parque Infantil de Tráfico celebra a Festa da Educación Viaria (que tradicionalmente realizábase na Praza Maior). Este ano a celebración terá lugar nas instalacións do PIT, á que están invitados todos os nenos e nenas da cidade con idades comprendidas entre os 8 e 16 anos, así como os dos diferentes centros educativos gañadores do Concurso e que teñen confirmada a súa asistencia (unhas 330 persoas aproximadamente). Poderán participar en Kart e Ciclomotor (segundo a idade) na pista do PIT, previa presentacion da Invitación que se fixo chegar aos diferentes Centros Escolares. Na cabina instalada ao efecto nas inmediacións do parque, prodrán retirar a invitación aqueles que non a posúan con anterioridade.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova