Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo apoia o Día Mundial de Internet con numerosas actividades


# Xoves, 08/05/2008
Será o venres 16 de maio na Praza de Anxo Fernández Gómez

A Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, presentou as activiades preparadas pola súa Concellería con motivo do Día Mundial da Internet. O Concello de Lugo invitará a todos os cidadáns a celebralo participando na xornada de portas abertas que terá lugar o vindeiro venres, 16 de maio, na Praza de Anxo Fernandez Gómez.

A hora de apertura será ás 10:00 horas ata as 22:00 horas en horario continuado.

A Concelleira animou aos lucenses a “enrédarrobate con nos e participa no maratón tecnolóxico Lugoxaconecta desde os 15 ordenadores que estarán a súa disposición desde as 10:00 horas (comezo do maratón) ata as 18:00 horas”.

Todas as persoas interesadas en inscribirse nesta actividade poderán facelo desde hoxe mesmo ata o día 16 ás 17:00 horas, a través da web: www.lugoxaconecta.org ou a través do teléfono de atención ao cidadán 010. As categorías de innscrición serán as seguintes:
1.- Familia Dixital
2.- Individual

Ademáis, “durante todo o día teremos a oportunidade de probar as últimas novedades da consola Wii, e participar en diversos torneos (con premios) e divertidas actividades todas elas realizadas a través da rede:

- Únete á rede e crea o teu propio blog
- Haz amigos, explora, comparte fotos mentras te conectas
- E si chateamos?
- Chat: pensas que a rede é segura para facer compras?
- Chat: mitos sobre internet: pros e contras da rede
- Álbum para o recuerdo: haz un álbum da túa vida, captura imaxes da rede
- Sube a internet e viaxa polo mundo
- Planifica a túa viaxe soñando

As persoas que se acheguen tamén poderán participar no xogo de debuxo en liña Pintaconnós que o Concello presentou o ano pasado como celebración desta misma festividade.

Os participantes dos programas formativos CONÉCTATE EN LUGO edición 1.0. e 2.0., poderán recoller os seus diplomas durante todo o día no mostrador situado na carpa.

Ademais, ás 20:00 horas entregaranse diferentes premios entre os participantes:

1.- Ganadores do maratón tecnolóxico LUGOXACONECTA

A)- Categoria familia dixital:
Fin de semana no SPA de Vilalba
B)- Categoria individual:
Unha consola Wii

2.- Familias dixitais gañadoras da campaña CONÉCTATE 2.0.:
1º premio: Unha viaxe para toda a familia dixital
2º premio: tres NINTENDO DS
3º premio: tres MP4

Todos os que se acheguen ata a carpa do Día da Internet recibirán un divertido agasallo.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova