Cargando....
Concello de Lugo
14/08/22
NOVAS
Escoita esta páxina

A proba de motos clásicas Cidade de Lugo aprázase por causas alleas aos organizadores


# Xoves, 08/05/2008
A homenaxe ao piloto lucense Juan Manuel López Mella celebrarase o 17 e o 18 de maio

A proba de velocidade de motos clásicas prevista para o 17 e 18 de Maio de 2008, queda aprazada por causas alleas aos organizadores: a Concellería de Deportes do Concello de Lugo e o Moto Clob Kastri Racing.

As causas que deste aprazamento veñen dadas pola Federación Española de Motociclismo e a Federación Galega, ao non deixar celebrar esta proba cando nun principio estaba autorizada pola Federación Española.

Nos documentos adxuntos a esta nota de prensa explícase paso a paso, todo o sucedido dende que o pasado ano se comezou a preparar esta carreira.

Na páxina oficial da carreira: www.clasicasmuralla.es, actualízase todos os días coas noticias que imos recibindo, tanto da federación española coma da galega.

Aínda que non se celebre a carreira de clásicas muralla, a homenaxe ao piloto lucense Juan Manuel López Mella segue en marcha. Esta homenaxe será no centro comercial As Termas, con exposición de motos clásicas, motos de competición da Copa Celta e un percorrido gráfico da vida de López Mella. Tamén estará exposta neste centro comercial a moto coa que o piloto de Lugo foi campión de España de Superbikes.

O sábado 17 de maio, exposición de fotos e videos de Mella, e o domingo 18, exposición de motos clásicas e de competición da Copa Celta, cunha pequena ruta, de todos os moteros que acudan, ao parque de Frigsa, no monumento de López Mella, para renderlle homenaxe ao mellor piloto galego de todos os tempos cunha misa na súa honra e no de todos os moteros caídos.
Para calquera aclaración se poden poñer en contacto co KastriRacing no número de teléfono: 982 21 20 56


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova