Cargando....
Concello de Lugo
19/08/22
NOVAS
Escoita esta páxina

Continúa o Circuíto de Carreiras populares Corre Con Nós coa proba do paseo do Miño


# Venres, 09/05/2008
Sairá ás 12:00 horas das pistas de atletismo municipais de Gregorio Perez Rivera

O vindeiro domingo 11 de maio, terá lugar a sexta proba para os adultos e a séptima para os rapaces do Circuíto de Carreiras Populares Corre Con Nós organizada pola Concellería de Deportes que dirixe José Manuel Díaz Grandío.

A proba terá como base as pistas de atletismo Gregorio Pérez Rivera como punto de saída e chegada das 4 carreiras que se disputarán a partires das 12:00 horas.

Ata o de agora o circuíto ten un total de 2.400 participantes inscritos que correrán nas diferentes categorías que percorrerán as seguintes distancias:
Categoría A: 800 metros ( dentro das pistas de atletismo )
Categoría B: 1780 metros
Categoría C: 2720 metros
Adultos : con saída e chegada ás pistas. Realizarán un percorrido polo paseo do Miño nun circuíto combinado de pista, asfalto e terra, cun total de 5.105 metros.

Pódese obter máis información do circuito na web do Corre con Nós:http://deportes .lugo.es/correconnos/docs/carreira6.pdf onde os corredores poderán ver as distancias e os percorridos de cada unha das categorías.

Esta é a penúltima das carreiras do circuíto de xeito que as datas da última están separadas posto que por primeira vez os rapaces terán unha data só para eles así como os adultos :
- 08 de Xuño final rapaces Pistas de Atletismo Ciudad Cultural
- 15 de Xuño final Adultos Complexo Deportivo de Frigsa.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova