Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

As axudas e subvencións dos autónomos centran unha xornada organizada pola Concellería de Economía e Emprego


# Venres, 09/05/2008
Unhas 50 persoas asistiron á actividade informativa celebrada nas instalacións do CEI-Nodus

A Concelleira de Economía e Emprego, Sonia Méndez, asistiu á presentación da xornada Axudas e Subvencións para autónomos que tivo lugar ao longo desta mañá no Salón de Actos do Centro de Empresas e Innovación.

A xornada, impartida por Pilar Fernández, xefa do servizo de promoción de emprego da delegación provicial da Consellería de Traballo en Lugo, permitiu aos asistentes coñecer diversos temas sobre axudas e subvencións para os traballadores autónomos.

Na xornada, á que asistiron unhas 50 persoas, tratouse un completo programa no que se explicou as características dos beneficiarios do programa para a promoción do emprego autónomo, así como os diferentes tipos de subvencións:

- Subvención polo establecemento como traballador autónomo.

- Subvención financeira.

- Subvención para a asistencia técnica.

- Subvención para a formación.

Ademais, os asistentes puideron coñecer os diferentes tipos de axudas que poden percibir así como os seus requisitos e peculiaridades.

A Concelleira aproveitou a ocasión para animar aos asistentes a participar nos actos que o Concello de Lugo organiza con motivo do día do Emprendemento que terá lugar o vindeiro día 15 de maio.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova