Cargando....
Concello de Lugo
21/08/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo pon en marcha un novo canil en Acea de Olga


# Venres, 09/05/2008
É o terceiro canil que abre o equipo de López Orozco que xa ten previsto outro máis na zona do Pazo de Feiras

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, o Concelleiro de Medio Ambiente, Lino González Dopeso, a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, e algúns membros da Corporación asistiron hoxe á posta en marcha dun novo canil situado no barrio de Acea de Olga, concretamente en Alfonso X O Sabio.

Trátase dun novo servizo para os lucenses cunha superficie total de 3.150 metros cadrados e unha zona de cespede de 2.100 metros cadrados.

Contará con 25 novos árbores e arbustos e estará dotado de rego por aspersión automatizado, bancos, fonte para beber e colector para a recollida de excrementos así como un dispensador de luvas.

Con este xa son tres os canís municipais que o Concello pon a disposición de todos os veciños, os outros dous están en Estatingas e en Frigsa e, segundo dixo o Alcalde “o máis importante é que o utilicen os veciños”.

López Orozco tamén anunciou que en pouco tempo se porá en marcha un cuarto novo canil, o máis grande da cidade, na zona do Pazo de Feiras e Congresos, próximo ao río Miño. “É un avance máis para a nosa cidade, en moitos lugares non hai nin un só canil a disposición dos veciños”.

O investimento para a posta en marcha deste canil é de 52.775 euros e o alcalde fixo un chamamento á poboación para que se empregue “é un xeito de ser solidarios uns con outros, a cidade é de todos, por iso facemos zonas verdes coma esta. Pido esa responsabilidade para todos os que teñen animais. Debemos convivir xuntos na cidade e é posible se defendemos os nosos dereitos pero tamén temos en conta os nosos deberes”.

O Alcalde tamén sinalou que algunhas das árbores postas nesta zona foron trasplantadas dende o espazo verde próximo ao Colexio médico, que é propiedade da Consellería de Vivenda e que o Concello tivo que poñer a disposición da Xunta.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova