Cargando....
Concello de Lugo
14/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo entrega os premios de debuxo do Parque Infantil de Tráfico


# Luns, 12/05/2008
Os rapaces presentaron preto de 500 debuxos e participaron 21 centros educativos de toda Galicia

Un ano máis o Parque Infantil de Tráfico do Concello de Lugo fai entrega dos premios do Concurso de Debuxo de Educación Viaria Cidade de Lugo que cada ano convoca o Concello en colaboración coa Xefatura Provincial de Tráfico e a Fundación Mapfre.

Este ano participaron 490 debuxos chegados dende 21 centros educativos de toda Galicia, o que confirma o éxito desta iniciativa que a Concellería de Educación pon en marcha por sétimo ano.

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, acompañado pola Concelleira de Educación, Dolores Vieiro e polo Concelleiro de Protección da Comunidade, José Rábade, fixo entrega dos premios aos 15 rapaces premiado polos seus debuxos.

A educación vial, o respecto ás normas, a boa convivencia entre peóns e automóbiles, foron as temáticas que abordaron os rapaces nas súas representacións pictóricas. A capacidade para plasmar en debuxo a gravidade dos problemas que orixina o tráfico sorprendeu a todos os presentes.

Ao longo de todo o día de hoxe e dende as 10:30 ás 13:30 e das 16:30 ás 19:30 estarán expostos todos os debuxos que se presentaron ao concurso.

Os ganadores deste ano foron:

Categoría E (Educación Especial):
1º.-Mª Jesús Pena Gómez - Asociación Sindrome de Down - Lugo

2º.-Nazaret Barroso Cabaleiro - CEIP Juan Rey - Lorenzana (Lugo)

3º.-Gutier Varela López - Asociacion Aspnais - Lugo

Categoría D. (4º secundaría, 1º y 2º de bachiller):
1º.- Silvía Rodríguez Giráldez - CPI. Covaterreña - Baiona (Pontevedra)

2º.-Vicente Mato Taboada - IES. Nº-1 - A Estrada (Pontevedra)

3º.-Stephanie Carneiro Muradás - CPI. Covaterreña - Baiona (Pontevedra)

Categoría C. (1º,2º y 3º de secundaria):
1º.-José Mª Eiras Silva - IES. Nº-1 - A Estrada (Pontevedra)

2º.-Artai López Carrera - IES. Carlos Casares - Vigo (Pontevedra)

3º.-Iría Barroso Fernández - IES. Lagoa de Antela - Xinzo de Limia (Ourense)

Categoría B. (4º,5º y 6º de primaria):
1º.-Daniel Bras Estévez -CEIP. Nosa Sra do Carme-Calvos de Randín (Ourense)

2º.-Pedro Blanco Valcárcel - CEIP. Rosalía de Castro - Lugo

3º.-Abraham Pena Vila - CPR. La Milagrosa - Lugo

Categoría A. (1º,2º y 3º de primaria):
1º.-Lucía Silvestre Dacal - CEIP. Nosa Sra. Do Carme - Calvos de Randín (Ourense)

2º.-Cristian Nóvoa González - CEIP. Nosa Sra. Do Carme - Calvos de Randín (Ourense)

3º.-Noelia Silvestre Dacal - CEIP. Nosa Sra. Do Carme - Calvos de Randín (Ourense)

O Centro escolar con maior participación foi o Rosalía de Castro de Lugo, e o que presentou debuxos de maior calidade artística foi o IES Carlos Casares de Vigo.

Máis de 300 persoas na Festa da Educación Viaria
Ademais, como todos os anos, o Parque Infantil de Tráfico celebra a Festa da Educación Viaria nas instalacións do PIT, no Parque da Milagrosa. Este ano espérase a asistencia de máis de 300 persoas, sobre todo cativos da cidade con idades entre os 8 e os 16 anos que poden gozar coas instalacións postas ao seu servizo.

O Parque Infantil de Tráfico ten no mes de maio datas moi importantes para celebrar. Os vindeiros días 23, 24 e 25 celebrará por segunda vez o Campionato Nacional de Educación Vial, un privilexio que ninguna cidade de España tivo. Este Concurso Nacional atraerá ata a cidade 95 equipos de 75 cidades de toda España.

A selección de participantes que representarán a Lugo no Concurso Nacional de Parque Infantís de Tráfico, fíxose o pasado 13 de marzo.

Os rapaces seleccionados foron 4, dous na Categoría de Car e Bicicleta: Rubén Cansino Rodríguez do Colexio Salesianos e Rubén López Gómez do IES Anxel Fole; e dous na de Ciclomotor: José Miguel Rodríguez Fernández do IES Anxel Fole e Iago Vigo Rodríguez do Colexio Divino Maestro.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova