Cargando....
Concello de Lugo
25/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Conservatorio acolle á música de cámara cun concerto de frauta, cello e piano


# Luns, 12/05/2008
Será mañá, martes 13 de maio, ás 20:30 horas

O Conservatorio Profesional de Música acolle os concertos de cámara desta trixésimosexta edición do Festival de Música Cidade de Lugo que promove o Concellería de Cultura e Turismo que dirixe Concepción Burgo. Este importante apartado do festival adoita ofrecer diferentes perspectivas deste xénero da música de cámara e unha gran variedade de instrumentos, dedica este concerto ao trío de frauta, cello e piano. Os compoñentes deste trío que actuará o martes 13 de maio son o frautista francés Laurent Blaiteau, o violoncellista alemá Thomas Piel e a pianista francés Emmanuelle Janisz. Os tres músicos atesouran un grande experiencia, tanto neste campo como no orquestral, e Blaiteau e Piel son membros da Real Filharmonía de Galicia.

O interesante e atraínte programa estará composto por tres tríos para estes intrumentos de compositores tan variados como o do pai do Clasicismo ,o austríaco Joseph Haydn, o romántico alemán Carl Maria von Weber e o dun dos compositores máis destacados do século XX, o checo Bohuslav Martinu. Ademáis interpretarán un dúo para frauta e cello do practicamente descoñecido compositor rumano Ivan Jevtic.

O concerto comezará ás 20:30 horas e a entrada é gratuíta, ata completar o aforo do local, como é habitual no festival.

O seguinte concerto supón unha das citas imprescindibles deste Festival de Música Cidade de Lugo: coa presentación do único oratorio que se conserva de Antonio Vivaldi, a Juditha Triumphans, no Círculo das Artes o vindeiro venres 16 de maio. O director da prestixiosa Accademia Bizantina, o italiano Ottavio Dantone debuta en Galicia neste concerto coa Orquestra do Festival de Torroella e cun sólido reparto formado por algunhas das cantantes españolas con carreiras máis prometedoras, como Gemma Coma-Alabert, María Hinojosa e Marta Infante, xunto a coñecidas cantantes italianas como Monica Piccinini e Marina de Liso.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova