Imprimir

CRISTINA ALMEIDA DEFENDERÁ A IGUALDADE DA MULLER NA SÚA PARTICIPACIÓN NO CICLO XORNALISMO DO SÉCULO XXI


13/5/2008 Será mañá mércores, 14 de maio, ás 20:30 horas no Círculo das Artes

A destacada avogada laboralista e feminista, Cristina Almeida, ofrecerá este mércores, 14 de maio, unha conferencia baixo o título de “La igualdad no sólo se consigue con derechos” encadrada na programación cutural organizada pola Concellería de Cultura e Turismo e Caixanova.

O relatorio, que terá lugar ás 20.30 horas no Círculo das Artes, enmarcase no ciclo “Xornalismo do século XXI”, que se desenvolve na cidade e que pretende achegar ao gran público a profesionais de recoñecido prestixio. Tras a conferencia de Cristina Almeida, pechará o ciclo deste primeiro semestre do ano, a xornalista Ángeles Caso o vindeiro mes de xuño.

Cristina Almeida defendeu ante os tribunais de xustiza os dereitos da muller, dos traballadores e dos presos políticos durante o franquismo. Colaborou en numerosas revistas tratando problemas xurídicos, da muller, dos barrios e das asociacións de veciños. Entre as súas publicacións figura o ensaio La mujer y el mundo del trabajo. A partir de 1979 desempeñou o cargo de concelleira no Concello de Madrid polo Partido Comunista. Tomou parte na fundación da coalición electoral de Esquerda Unida en 1986, converténdose en deputada ata 1993. En 1997, xunto con outros membros de EU, formou o partido Nova Esquerda. Na actualidade é senadora pola comunidade de Madrid co Grupo Parlamentario Socialista.