Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Uns 270 escolares participaron na terceira edición do programa Arqueoloxía na Escola


# Martes, 13/05/2008
O ciclo, organizado pola Concellería de Educación, percorreu sete colexios da cidade dende o mes de febreiro

O pasado xoves, 8 de maio, rematou a tercera edición do ciclo de conferencias do programa Arqueoloxía na Escola organizado pola Concellería de Educación, que dirixe Dolores Vieiro.

Neste ciclo que comezou no mes de febreiro, participaron un total de 270 rapaces do último ciclo de primaria de sete centros públicos de Lugo. Foron estes centros os que se sumaron a esta iniciativa, que foi presentada e ofertada a todos os colexios públicos do termo municipal.

Con este programa os escolares lucenses puideron coñecer o pasado romano da cidade a través dos restos arqueolóxicos que se foron atopando nos últimos anos, abordando temas como o mapa histórico e xeográfico, o abastecemento de auga da cidade, infraestruturas viarias, a casa romana, as termas, a industria, o comercio e, por suposto, a muralla.

Estas conferencias, de 60 minutos de duración, estiveron ao cargo dos arqueólogos municipais, que se foron turnando nos diferentes centros nos que responderon ás


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova