Imprimir

COMUNICADO DE CONDENA DO CONCELLO DE LUGO


14/5/2008

O Concello de Lugo condena rotundamente o atentado cometido pola banda terrorista ETA esta madrugada en Legutiano que lle custou a vida ao garda civil Juan Manuel Piñuel Villalón, e feriu a outras catro persoas.

A Corporación Municipal, representando ao pobo de Lugo, súmase á dor da familia do falecido e condena este brutal atentado que non ten xustificación posible.

Ratificamos o noso compromiso coa loita antiterrorista e queremos manifestar unha vez máis que estamos ao carón de todas as mulleres e homes que loitan sen descanso pola defensa da paz e da liberdade.

A cidadanía de Lugo cre na convivencia pacífica, na tolerancia e no respecto á vida. Ningún terrorista poderá silenciar a voz firme dos lucenses que reclaman a paz.

Unha vez máis unímonos no mesmo desexo e na mesma condena: Non ao terrorismo.