Cargando....
Concello de Lugo
14/10/19
NOVAS
Escoita esta páxina

Remata o programa Cinensino coa proxección de Un puente hacia Terabithia


# Mércores, 14/05/2008
A actividade, organizada polo Servizo de Drogodependencias, está destinada a rapazas e rapaces de secundaria

O Servizo Municipal de Prevención de Drogodepencias, dependente da Concellería de Muller e Benestar Social, ofrecerá mañá en Lugo a proxección dun novo filme dentro do programa Cinensino.

Mañá en horarios de 10:00 a 12:00 e de 12:00 a 14:00 horas. proxécatse a terceira película do ciclo Cinensino para rapaces de Secundaria: Un puente hacia Terabithia.

Trátase unha fablusosa historia a partir da que se poden traballar algúns valores, elementos importantes que teñen que ver coa prevención das drogodependencias nos mozos e mozas.

Un total de 700 rapaces de sete centros da cidade participarán nesta activiade que porá fin ao programa e que terá lugar no Auditorio Municipal Gustavo Freire.


Este filme forma parte do módulo: lecer xuvenil como factor de risco no consumo de drogas. O programa Cinensino está englobado dentro do Plan Nacional contra a Drogadicción. As películas son para rapaces de Ensino Secundario que posteriormente traballarán individualmente con fichas didácticas que se repartirán á finalización das proxeccións.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova