Imprimir

O ALCALDE DE LUGO PARTICIPA NA INAUGURACIÓN DO XXXII CONGRESO NACIONAL DE NEUROCIENCIAS


14/5/2008 López Orozco referiuse á importancia do esforzo humano que se produce na enfermeiría

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou este mércores na inauguración do Congreso Nacional da Asociación Española de Enfermería en Neurociencias que se celebrará en Lugo desde o 14 ó 17 de maio. O encontro, no que participan 180 especialistas de toda España, aborda, entre outras cuestións, a enfermería na ciruxía de Parkinson e na fase aguda das lesións medulares.

López Orozco destacou, a importancia que ten o traballo dos profesionais da enfermeiría que melloran a calidade de vida das persoas, que son “a materia prima coa que traballan diariamente”.

O Alcalde lucense referiuse ademais á cada vez maior presenza que teñen as mulleres en todos os ámbitos profesionais “o seu papel é decisivo, de feito aquí son maioría demostrando a súa valía xa indiscutible”.

Pola noite o Concello de Lugo ofreceu unha recepción a todos os participantes, na que estivo presente o Alcalde.