Cargando....
Concello de Lugo
04/06/20
NOVAS
Escoita esta páxina

Continúa o ciclo de cine xuvenil sobre Muller e Interculturalidade coa película Me llaman Radio


# Xoves, 15/05/2008
Será mañá venres ás 22:00 horas no Centro Social Municipal Uxío Novoneyra

Mañá venres, 16 de maio, continúa o ciclo de cine xuvenil “Muller e interculturalidade” organizado polo Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias dependente da Concellería de Muller e Benestar Social que dirixe Carmen Basadre.

Os lucenses poderán disfrutar mañá do filme Me llaman Radio. Trátase dun conto dramático e edificante inspirado nos sucesos reais baseados na relación entre un adestrador de fútbol de instituto e Radio, a quen a súa nai describe como igual a todo o mundo, só un poquito máis lento que a maioría, e como a súa relación cambia totalmente as clasistas actitudes dun pequeno pobo de Carolina del Sur. Alcumado Radio pola súa famosa colección de radios e o seu amor pola música, empurra o seu carriño arriba e debaixo das rúas.

O protagonista non fala con ninguén e é raro que alguén se dirixa a el, ata que un día, o adestrador Harold Jones, un dos homes máis respectados do pobo, e adestrador do popular equipo de fútbol do instituto, faise amigo seu. Pouco a pouco, o adestrador Jones gaña a confianza de Radio e abre un novo mundo ante el. Invítao a axudar nos adestramentos e durante os partidos e a sentar durante as súas clases na escola, a pesar das desavinzas iniciais coa directora Daniels.

O obxectivo do ciclo é ofrecer á xuventude lucense unha actividade de lecer alternativa e gratuíta. Todos os venres, ata o 27 de xuño, proxectarase unha película no Centro Social Municipal Uxío Novoneyra a partir das 22:00 horas.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova