Cargando....
Concello de Lugo
26/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Letra Viva 2008 sacará á rúa as verbas e escritura de Álvarez Vázquez


# Xoves, 15/05/2008
Será o sábado 17 de maio a partir das 23:00 horas polas rúas da cidade

Na procura dunha maior participación da cidadanía, dentro do que é a actividade de celebración do Día das Letras Galegas, e na busca por facela non só unha actividade dun día, senón que teña transcendencia ao longo do ano, presentouse, no 2007, un proxecto aberto, innovador e flexible, temporalizado en varias fases, co fin de avanzar a través dunha continua avaliación: Letra Viva.

A edición deste ano, foi presentada pola Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, o Deputado Provincial de Deportes, Antón Veiga, o Delegado Provincial da Concellería de Cultura, Xoán Xosé Molina, e a responsable de Palimoco Teatro, Paloma Lugilde.

Este proxecto pretende contribuír ao fomento e á difusión do noso patrimonio cultural, artístico e natural.

A Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, explicou que “o obxectivo é facer unha intervención espacial na rúa, da man da compañía Palimoco, e dar a coñecer o personaxe de Xosé María Álvarez Blazquez a través da súa vida, no seu tempo, nos lugares nos que viviu para así tratar de comprender mellor a súa obra dun modo inusual”.

Tamén se fará unha comparativa entre o mundo no que viviu o escritor e o mundo da actualidade, porque comprendendo a realidade dos nosos antecesores poderemos entender e coñecer mellor o noso presente.

A intervención comezará na praza da Soidade o 17 de maio ás 23:00 horas e pasará pola praza de Armanyá, a Praza do Campo e rematará na Praza de Santa María, onde se realizará unha proxección audiovisual. Serán un total de 45 actores e 6 músicos, ademáis de 30 organizadores os que participen neste proxecto.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova