Imprimir

CHEGA A LUGO A II XIRA GALEGA DE KARTING INDOOR


15/5/2008 Terá lugar no Pazo de Feiras e Congresos ata o 19 de maio

Despois do seu paso por Vilagarcía de Arousa, primeira das cidades en acoller esta Xira 2008, que comezou o pasado 24 de abril; chega agora a Lugo a II Xira Galega de Karting Indoor. A Xira abriu hoxe as súas portas ata o vindeiro luns 19 de maio.

A pista dos karts ocupa unha superficie de 3600 metros cadrados, habendo pases para adultos e para nenos, ideal para unha xornada familiar.

O prezo da entrada, inferior ao prezo real desta actividade nos centros especializados, será de 10 euros o pase, para que todos os interesados podan participar. A entrada ao recinto será libre, contando con servizo de cafetería e un área especial para nenos, cunha carpa hinchable, gratuita; pois a idade mínima para subir aos kart é de 8 anos. As instalacións contan con 24 karts para adultos e nenos (con monos e cascos propios).

Ademáis, reforzouse a seguridade cun novo sistema de balizamento máis moderno e da máxima calidade, contando tamén cun novo sitema de cronometraxe informático.

A Xira celebrarase no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, sendo o horario da pista de 11:30 a 14:00 horas e de 18:00 a 24:00 horas.

Esta II Xira Galega de Karting Indoor- Lugo, está organizada co apoio da Concellería de Deportes que dirixe José Manuel Díaz Grandío e a Concellería de Educación que dirixe Dolores Vieiro, ademáis da Consellería de Cultura e Deporte- Dirección Xeral para o Deporte, a Fundación Galega para o Deporte e a Deputación de Lugo.