Imprimir

O ALCALDE PRESIDE A ÚLTIMA XUNTANZA DE SEGUIMENTO DO PLAN ESTRATÉXICO


15/5/2008 Analizouse a liña estratéxica número 2 relacionada cos servizos ás persoas e espazos públicos

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, participou na última xuntanza de análise dos cumprimentos do Plan Estratéxico que se centrou na liña 2 deste documento.

Esta liña inclúe a universidade, a cultura e o turismo e está presidida polo Vicerreitor de Coordinación do campus de Lugo, Carlos Herrera, e ten unha porcentaxe de cumprimento próxima ao 87%. Está formada por 47 proxectos estratéxicos dos cales 42 están xa iniciados. Deles hai 9 proxectos motores que están todos en marcha; polo tanto a evolución desta liña é moi positiva xa que os proxectos decisivos están iniciados e só quedan 5, non motores, pendentes de realizar.

Este Plan recolle iniciativas iniciadas ou rematadas, tan importantes como a modernización das zonas de Frigsa, o cárcere vello ou o matadoiro de Abella. Outros proxectos realizados son a mellora dos accesos á cidade co fin de mellorar a imaxe que se percibe cando se chega a Lugo, mellorar a limpeza das rúas, completar e protexer o cinto verde da cidade, potenciar a oferta de prazas residenciais para a terceira idade ou fomentar a reciclaxe.

Os proxectos que aínda non están iniciados seguirán formando parte das prioridades do equipo de goberno, e algúns deles teñen moitas posibilidades de sair adiante en pouco tempo, como a reutilización dos terreos do vello hospital que estarán perfilados como espación dotaciónal no futuro.