Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O V Festival Interfolk presenta concertos de artistas de reconocido prestixio internacional


# Venres, 16/05/2008
Será os días 6 e 7 de xuño na Praza de Santa María

Lugo acolle o V Festival Interfolk Encuentro de Culturas no Camiño primitivo os días 6 e 7 de xuño, que se celebra por quinto ano consecutivo e que convirte á cidade amurallada nun punto de encontro de referencia para os seguidores das músicas folclóricas de todo o mundo. Este festival está organizado pola Concellería de Cultura e Turismo, que dirixe Concepción Burgo, en colaboración coa Fundación Caixa Galicia.

Durante dous días a Praza de Santa María acollerá os concertos de La Shica, Transglobal Underground, Malvela, Celtas Cortos e DJ Shantel. Os espectáculos comezarán ás 22:30 horas agás a sesión vermú con Malvela que será ás 13:00 horas do sábado 7 de xuño.

O público que se achegue ata este esceario poderá disfrutar do arte destes artistas con carácter absolutamente gratuito.O cartel multicultural profundizará na fusión da música occidental coa árabe, asiática e africana, e afondará nas raíces do folk galego, o flamenco e, incluso, da electrónica.

A encargada de abrir o festival, o venres día 6, será a folclórica La Shica, quen presentará ante os lucenses os temas do seu disco Trabajito de Chinos. A artista porá en escea un espectáculo no que funde o flamenco, a copla co hip-hop e a danza contemporánea.

Transglobal Undergroun collerá o testigo e inundará a praza co seu sonido no que mezcla rap, drum and bass e música tradicional da India. A banda está considerada como un dos mellores espectáculos do Reino Unido, cunha completa mezcla de instrumentos en vivo e percusión, bailarines de rap e a vocalista e danzarina do ventre Natacha Atlas.

O sábado, o escenario será conquistado por Malvela ás 13:00 horas. Nunha sesión vermú, o público poderá disfrutar do ambiente festivo que transmite o grupo que aúna diferentes xeracións de mulleres. Todas elas rescatan cantares vellos coa súa forza e convicción naturais que empregan ben a fondo cada vez que pisan un escenario. É a mellor ocasión para disfrutar da mellor música popular.

Xa pola noite, tócalle o turno aos veteranos Celtas Cortos. Os grandes éxitos do grupo sonarán na praza de Santa María percorrendo os seus 20 anos de historia. Non faltarán temas como Tranquilo majete, Cuéntame un cuento, No nos podrán parar ou 20 de abril.

O punto final do festival virá da man de DJ Shantel, que porá o toque electrónico a esta cita multicultural. O alemán aumentará o ritmo da festa creando un desenfrenado ambiente co que se ven denominando o sonido da nova Europa.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova