Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Unhas 2.500 persoas pasaron pola carpa do Día da Internet do Concello de Lugo


# Venres, 16/05/2008
Un maratón tecnolóxico, videoxogos, torneos e actividaes a través da rede foron algunhas das actividades do programa

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e a Concelleira de Servizos Xerais, Luisa Zarzuela, inauguraron esta mañá as activiades organizadas polo Concello de Lugo con motivo do Día da Internet.

O Alcalde animou aos cativos presentes na carpa a “achegarse ás novas tecnoloxías pero sen deixar de ter un libro na mesiña de noite”. Ademais, López Orozco previño aos rapaces e rapazas de que “non deben creer todo o que atopan na Internet senón que sempre deben contrastar a información”.

O Concello organizou un completo programa que se desenvolveu das 10:00 horas ata as 22:00 horas en horario continuado, no que participaron unhas 2.500 persoas.

Entre as actividades destacou o maratón tecnolóxico Lugoxaconecta desenvolvido a través dos 15 ordenadores que estiveron á disposición do público desde as 10:00 horas (comezo do maratón) ata as 18:00 horas con conexión WIFI.

As categorías de participación foron as seguintes:
1.- Familia Dixital
2.- Individual

Ademais, durante todo o día foron moitos os que tiveron a oportunidade de probar as últimas novedades da consola Wii, e participar en diversos torneos (con premios) e divertidas actividades todas elas realizadas a través da rede:

- Únete á rede e crea o teu propio blog
- Haz amigos, explora, comparte fotos mentras te conectas
- E si chateamos?
- Chat: pensas que a rede é segura para facer compras?
- Chat: mitos sobre internet: pros e contras da rede
- Álbum para o recuerdo: haz un álbum da túa vida, captura imaxes da rede
- Sube a internet e viaxa polo mundo
- Planifica a túa viaxe soñando

As persoas que se achegaron tamén participaron no xogo de debuxo en liña Pintaconnós que o Concello presentou o ano pasado como celebración desta misma festividade.

Os participantes dos programas formativos CONÉCTATE EN LUGO edición 1.0. e 2.0., recolleron os seus diplomas durante todo o día no mostrador situado na carpa.

Ademais, ás 20:00 horas entregáronse diferentes premios entre os participantes:

1.- Ganadores do maratón tecnolóxico LUGOXACONECTA

A)- Categoria familia dixital: Fin de semana no SPA de Vilalba

B)- Categoria individual: Unha consola Wii

2.- Familias dixitais gañadoras da campaña CONÉCTATE 2.0.:

1º premio: Unha viaxe para toda a familia dixital

2º premio: tres NINTENDO DS

3º premio: tres MP4

Todos os que se acheguen ata a carpa do Día da Internet recibiron tamén un divertido agasallo.



Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova