Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Camerata Quiodi interpreta obras dos compositores clásicos Haydn e Mozart


# Domingo, 18/05/2008
A cita será o luns 19 de maio ás 20:30 horas no Círculo das Artes

A gran variedade da programación do Festival de Música Cidade de Lugo achega todo tipo de xéneros e épocas musicais. Neste concerto tócalle a vez ao período Clásico que estará representado por dúas das súas figuras máis senlleiras, os compositores Joseph Haydn e Wolfgang Amadeus Mozart.

Plamen Velev é un cellista de orixe bulgara (compostelá dende hai moitos anos) que fundou e dirixe a Camerata Quiodi. Formada por músicos da Real Filharmonía de Galicia, a Camerata Quiodi nos aproximará ao repertorio do Clasicismo a través de senllos concertos. O primeiro será o Segundo concerto para cello de Haydn no que o propio Plamen Velev desempeñará tamén as funcións de solista.

A segunda parte do concerto estará dedicada ao Concerto para piano nº 12 de Mozart, que interpretará Kennedy Moretti, un pianista de orixe brasileira ben coñecido polo público lucense que reside hai moitos anos en España e que compatibiliza a súa carreira como concertista coa a súa actividade pedagóxica en dous prestixiosos centros, a Escola Superior de Música de Cataluña e o Conservatorio Superior de Zaragoza.

O cita é o luns 19 de maio no Círculo das Artes e o concerto comezará ás 20:30 horas con entrada gratuíta (ata completar o aforo do local) como é habitual no festival.

O seguinte concerto será o próximo xoves 22 de maio cun concerto no Círculo das Artes no que se presentará en Lugo ao gañador da edición 2006 Concurso de Piano Cidade de Ferrol 2006: o prometedor pianista estonio Mikhel Poll.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova