Cargando....
Concello de Lugo
18/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello de Lugo celebra o Día das Letras Galegas cun completo programa


# Luns, 19/05/2008
Concertos de música, o paseo literario, actuacións teatrais, baile, e entregas de agasallos marcaron a axenda do día en homenaxe a Xosé María Álvarez Blázquez

O Concello de Lugo celebrou o Día das Letras Galegas cun completo programa que arrincou ás 11.45 horas cun concerto da Banda Municipal de Música no Templete da Praza Maior dedicado a Xosé María Álvarez Blázquez, coa intervención de dous solistas de gaita galega.

Co Alcalde de Lugo á cabeza a corporación municipal participou no o paseo literario que se iniciou na praza de Anxo Fernández Gómez, ás 12 do mediodía, para lembrar ao homenaxeado Álvarez Blázquez. O paseo rematou cunha breve posta en escea da obra Lembra da man de Palimoco Teatro.

Coincidindo coa festividade das Letras Galegas inaugurouse na Praza Maior a XXVI edición da Feira do Libro de Lugo. Un total de 10 stands conforman a oferta cultural desta edición que conta cun completo programa de actividades dirixidas ao público de todas as idades, pero especialmente aos máis pequenos, con sesión de contacontos, obradoiros e tamén talleres.

Xa ás 13:00 horas, a Concelleira de Cultura e Turismo, Concepción Burgo, e a Concelleira de Xuventude, Carmen Basadre, xunto coa presidenta do Consello da Xuventude de Galicia, María Dolores Rodríguez, fixeron entrega dos premios aos gañadores do concurso Lingua de Amor. Este concurso de declaracións de amor a través do correo electrónico. ten como obxectivo principal dinamizar o uso da lingua galega entre os máis novos en espazos de comunicación habituais para eles como son os correos electrónicos, chats, foros, sms...

Nesta segunda edición do certame participaron un total de 2.039 rapazas e rapaces, resultando gañadores das seguintes categorías:

Categoría A:
1º : Silvia Castañal González, que gañou unha consola Nintendo wii + un lote de libros en galego coa declaración Composto químico: “Eu son para ti coma un átomo invisible nun complexo composto químico. Déixame ser algo máis, necesítate”


2º Bibiana Rodríguez Domínguez, coa declaración Porque te quero…: Quérote lonxe de min, ao outro lado da cama , foi premiada cun DVD portátil + un lote de libros en galego
3º Marta Lois, coa declaración O meu veleno: Púxenlle a cada verba que che vou dicir o suficiente veleno como para que sexas meu o resto da miña vida...,
que se levou un MP3 + un lote de libros en galego

Categoría B:

1º Bibiana Caamaño Álvarez, poderá disfrutar dunha Viaxe a París para dúas persoas + un lote de libros en galego, grazas a súa declaración Laranxas do día: Lembras como os 20 anos faciamos o amor case todos os días? Hoxe sen te decatar,fasme cóxegas cada noite baixo a manta da cama fría. Lembras esas mañás nas que ías ó mercado para me traer laranxas do dia? Hoxe enfádaste porque non che deixo saír a rúa sen compañía. Porque 65 anos despois non lembras mais seguímonos Amando igual que o primeiro día.

2º Margarita Sanpedro Mariño, gañou un Ordenador portátil + un lote de libros en galego coa declaración Química: Din que o amor son reaccións químicas, liberación de endorfinas ou non sei que lérias. Por se acaso vou a ir mercando unhas cantas probetas por se esta noite ves a visitarme e así facer un experimento científico.

3º Dolores Torrado Vicente, premiado cunha televisión LCD 19” + un lote de libros en galego coa declaración Autobiográfico: "Quérote...", "De veras?!" "... Avisar que non veñas buscarme..."


Ao longo da mañá tamén houbo unha concentración de escolares en distintas prazas do centro da cidade e confluencia na praza Maior para a Representación de Baile Tradicional Galego dos alumnos dos CEIs de Lugo organizada pola Concellería de Educación que dirixe Dolores Vieiro.

O programa completouse co espectáculo teatral Letra Viva que se realizaou polas rúas e prazas do recinto histórico da nosa cidade como a Praza da Soidade, Armanyá, Praza do Campo, Rúa Bispo Basulto e Praza de Santa María. Dende as 23:00 horas 45 actores e actrices de Palimoco Teatro, deron a coñecer o personaxe de Xosé María Álvarez Blazquez a través da súa vida, no seu tempo, nos lugares nos que viviu para así tratar de comprender mellor a súa obra dun modo inusual.


Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova