Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Os campamentos da campaña Vive o Verán en Lugo ofertan prazas para 600 rapazas e rapaces da cidade


# Luns, 19/05/2008
As actividades están dirixidas a nenos e nenas dos 4 aos 16 anos

A Concelleira de Xuventude, Carmen Basadre, o Concelleiro de Deportes, José Manuel Díaz Grandío, acompañados polo xerente do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo, Rubén López, o Xerente da Fundación Azkar, Óscar Hermida, e Jesús Vázquez, de NCD Eventos presentaron a campaña Vive o Verán en Lugo.

O obxectivo desta campaña é ofrecer un bo número de actividades dinámicas e educativas para aproveitar ao máximo o tempo de lecer na cidade de Lugo entre os rapaces de 4 a 16 anos. Ademais, segundo explicou Carmen Basadre, “o obxectivo desta iniciativa e que as familias que traballan en verán poidan ter a súa disposición un espazo no que os seus fillos poidan disfrutar e acadar a conciliación da vida familiar e laboral”.

Serán diferentes actividades deportivas como fútbol sala, tenis, voleibol, balonmán e baloncesto, entre outras; actividades acuáticas, obradoiros, buscas do tesouro, xogos, dinámicas grupais… Ademais o programa inclúe unha excursión ao parque acuático de Cerceda e unha acampada para as rapazas e rapaces de 9 a 16 anos.

Os campamentos terán lugar do 1 de xullo ao 31 de agosto en catro quincenas de 15 días. As actividades realizaranse das 9:00 ás 20:00 horas polo que se contará cun servizo de comedor.

As prazas ofertadas serán un total de 600, 50 para cada grupo de idade, e a un prezo de 195 euros. A inscrición inclúe: desprazamento de bus, bocadillo de media mañá, xantar, merenda e seguro de responsabilidade civil. Realizarase un desconto do 10% a partir do segundo/a irmán/á.

Para recibir máis información pódese chamar os teléfonos 982 229 747 - 982 285 200 ou a través do correo electrónico veranenlugoarrobancdeventos.com.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova