Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A N-11 proporciona ao norte da cidade 2.840 metros cadrados de zona verde


# Luns, 19/05/2008
O Alcalde de lugo e o Concelleiro de Infraestruturas visitaron a unidade de actuación

O Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Concelleiro de Infraestruturas, José Piñeiro, visitaron a unidade de actuación N-11.

A unidade conta con algo máis de 11.000 metros cadrados e, como explicou o Alcalde, vaille a proporcionar á cidade unha superficie de 3.651 metros cadrados de viales e 2.840 de zona verde.

O proxecto inclúe a urbanización dos viais comprendidos na N-11 con todos os seus servizos: rede de saneameto separativo, rede de abastacemento, rede de alumbrado público, as luminarias están formadas por báculos ou columbas de 10 ou 12 metros de altura nos viais e con columnas de 4 metros na zona axardinada, rede de distribución de enerxía eléctrica e redes de telefonía e comunicaciones.

O presuposto de execución do proxecto de urbanización ascendeu a 433.788 euros.

O Alcalde explicou que dende que chegou ao Concello “ten como obxectivo desenvolvelo norte da cidade, e en colaboración con diferentes promotores privados, desenvolvéronse sete unidades de actuación que dotaron á zona de lle deron á cidade zonas verdes, espazos viarios e espazos dotacionais como para a biblioteca ou a escola infantil da Piringalla”.

López Orozco afirmou que “con esta actuación se continúa esta segunda ronda arredor da cidade que é Angelo Colocci que terá unha continuidade no novo plan pola rúa Acacia e chegará ata Lamas de Prado, ata os terreos de Abella, esto demostra que a cidade se vai facendo pouco a pouco, e pedra a pedra”. “Lugo non se para, lugo segue a desenvolverse, fundamentalmente no Norte, pero tamén no Sur, e sobretodo co Sur-K”.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova