Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Concello investirá 95.000 euros en axudas para o aluguer de vivendas


# Martes, 20/05/2008
Os interesados en optar ás axudas terán 20 días para presentar a súa solicitude

A Concelleira de Muller e Benestar Social, Carmen Basadre, presentou hoxe o programa de axudas municipais para o alugamento de vivendas no Concello de Lugo que sairá publicado no BOP mañá mércores 21 de maio. Dende este momento haberá un prazo de 20 días para presentar a solicitude no rexistro do Concello ou nas oficinas de EVISLUSA sitas na rúa Quiroga Ballesteros. A Concelleira explicou que “a finalidade deste programa e facilitar o acceso á vivenda ás persoas que se atopen nunha situación socioeconómica que lle dificulte ou imposibilite acceder ao alugamento dunha vivenda digna”.

Para poder optar a estas axudas, o solicitante debe ser maior de idade, residir e estar empadroado en Lugo cunha antigüidade mínima de seis meses anteriores a data de solicitude. Ningún dos membros da unidade familiar pode posuir unha vivenda da súa propiedade en Lugo, agás que esta non reuna as condicións de habitabilidade. Ademais os arrendatarios deben demostrar que a suma dos ingresos anuais da unidade familiar do exercicio anterior non sexa inferior ao 0,5 do IPREM, nin superar a dous veces o IPREM, agás nas persoas preceptoras de PNC, Renda Activa de Inserción, salario da liberdade ou, nos que ao mínimo será o importe destas prestacións no exercicio correspondente. Os ingresos derivados das rendas de capital non poderán superar, no seu conxunto, a cifra de 601 euros anuais.

Ningún membro da unidade familiar poderá recibir subvención en concepto de vivenda mentres estea percibindo a deste programa. Entre arrendador e arrendatario non debe existir ningún tipo de parentesco ata cuarto grao de consanguinidade ou afinidade.

Contías
O presuposto para esta finalidade é de 95.000 euros, 28.000 euros máis que o ano anterior, distribuídos por colectivos: -Pensionistas: 25% -23.750 euros
-Inmigrantes e emigrantes retornados: 25% -23.750 euros
-Xente nova de entre 18 e 35 anos (ambos inclusive): 15% -14.250 euros
-Familias monoparentais con cargas familiares non compartidas: 10% -9.500 euros
- Persoas discapacitadas cunha minusvalía superior ao 33%: 10% - 9.500 euros.
- Mulleres víctimas de violencia de xénero: 5% -4.750 euros.
- Mulleres e homes separados/as ou divorciados/as con problemática de acceso a vivenda derivada da ruptura da unión familiar: 5% -4.750 euros.
- Persoas maiores de 65 anos que convivan con menores de 35 anos, aínda que non constitúan unha unidade familiar: 5% -4.750 euros.

O importe destas axudas oscilará entre o 10 e o 50% do prezo do alugamento da vivenda, e en ningún caso poderá superar os 350 euros mensuais. Para determinar a contía da axuda teranse en conta os ingresos ponderados da unidade familiar do último exercicio económico vencido. A ponderación estará determinada polo número de membros que integran a familia; o número de ascendentes e descendentes que posúe e se se trata dunha familia monoparental.

As axudas terán unha duracción máxima de 12 meses, e poderá ser prorrogada por períodos anuais ata un máximo de tres anos sempre que a persoa reúna os requisitos.

No 2007 recibiron esta axuda un total de 52 familias.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova