Cargando....
Concello de Lugo
28/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O Alcalde de Lugo recibe aos participantes no Curso Internacional sobre Sistemas Agroforestais


# Martes, 20/05/2008


O Alcalde de Lugo, José López Orozco, recibiu na Casa Consistorial aos participantes no Curso Internacional sobre Sistemas Agroforestais financiado pola Axencia Española de Cooperación Internacional no marco do Programa Azahara que se ven celebrando dende onte, luns 19 de maio, na Escola Politécnica Superior.
   
López Orozco, deu a benvida aos participantes, 25 deles técnicos de países do norte de África e de Asia Menor como Mauritania, Marrocos, Arxelia, Túnez, Palestina e Líbano. O Alcalde animoulles a disfrutar de todos os atractivos que ten a cidade de Lugo: a Muralla Romana, a Catedral, os museos, e da gastronomía e da hospitalidade dos lucenses.

O Seminario deu comezo o día 6 de maio en Granada, onde os participantes estiveron ata o día 9 centrados na análise da subrexión do mediterráneo árido. A seguinte semana de actividades desenvolveuse en Plasencia, co módulo da subrexión do mediterráneo subhúmido, para rematar a parte teórica, dende este luns ata o 23, no Campus de Lugo, onde se centrarán nas características do mediterráneo húmido/atlántico.

O obxectivo do seminario é mellorar as relacións de cooperación entre España e os países do Magreb e Oriente Medio, a través da implementación de formas sostibles de uso do territorio como son os sistemas agroforestais, en especial os silvopastorais, tendo en conta aspectos de tipo produtivo, ambiental e socio-cultural. O obxectivo é que sexan eles os encargados de transmitir a información aos seus países a través da educación.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova