Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O gañador do Concurso de Piano Cidade de Ferrol actúa no festival de Música Cidade de Lugo


# Mércores, 21/05/2008
O concerto do pianista estonio Mihkel Poll será mañá xoves, 22 de maio, ás 20:30 horas no Círculo das Artes

O piano ocupa un lugar destacado na programación desta trixésimosexta edición do Festival de Música Cidade de Lugo e tras o exitoso recital da pianista inglesa Joanna MacGregor e o concerto do pasado luns dedicado aos concertos do Clasicismo protagonizado por Kennedy Moretti, chega agora a terceira cita dedicada ao rei dos instrumentos.

Este ano, o festival inicia unha colaboración co Concurso de Piano de Ferrol que consiste basicamente na presentación en Lugo dos gañadores deste certame. O xoves 22 de maio tócalle a vez ao vencedor da edición 2006 do concurso ferrolano: o pianista estonio Mihkel Poll. Este novo pianista de 22 anos que tamén foi garlardoado noutros prestixiosos concursos internacionais de piano é un dos artistas de máis futuro do seu país e ten diante de si unha prometedora carreira. En Lugo ofrecerá un variado programa con tres sonatas para piano de Ludwig van Beethoven (a coñecida como Waldstein), Franz Schubert e Dmitri Shostakovich, ademais da esixente obra Gaspard de la nuit do compositor francés Maurice Ravel.

A cita será mañá xoves, 22 de maio, no Círculo das Artes ás 20:30 horas con entrada gratuíta, ata completar o aforo do local, como é habitual no festival.

Os seguintes concertos será o próximo sábado 24 de maio , no Círculo das Artes ás 18:00 horas, co terceiro e último dos concertos do Corpus dos Nenos (O paxaro de lume a cargo da compañía de monicreques Viravolta) e o luns 26 de maio no recital de Plamen Velev dedicado ás Suites para violoncello de Bach na Fundación Caixa Galicia ás 20:30 horas.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova