Cargando....
Concello de Lugo
24/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Continúa o ciclo Muller e Interculturalidade coa proxección de La casa de mi vida


# Xoves, 22/05/2008
Será mañá venres ás 22:00 horas no Centro Social Uxío Novoneyra

Mañá venres, 23 de maio, continúa o ciclo de cine xuvenil “Muller e interculturalidade” organizado polo Servizo Municipal de Prevención de Drogodependencias dependente da Concellería de Muller e Benestar Social que dirixe Carmen Basadre.

Nesta ocasión proxectarase La casa de mi vida. É a historiade George Monroe, un home atrapado nun ritmo frenético e insoportable. A máxima aspiración de George sempre foi construir a sua propia casa, refuxio situado nun acantilado ao borde do mar, pero é un soño que George foi aplazando unha e outra vez. Mentres tanto, divorciouse, agotouse traballando e distanciouse non só dos seus amigos e familiares, senón de sí mesmo. Chega o momento de realizar ese soño, pero atópase só.

O obxectivo do ciclo é ofrecer á xuventude lucense unha actividade de lecer alternativa e gratuíta. Todos os venres, ata o 27 de xuño, proxectarase unha película no Centro Social Municipal Uxío Novoneyra a partir das 22:00 horas.

Entre os filmes que se poderán disfrutar nas vindeiras semanas se atopan: En el mundo a cada rato, Agua ou Cleopatra.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova