Cargando....
Concello de Lugo
29/03/24
NOVAS
Escoita esta páxina

O persoal do Concello celebra este xoves a festividade de Santa Rita, a súa patrona


# Mércores, 21/05/2008
Por motivo desta celebración as dependencias municipais permanecerán pechadas ao público

Os traballadores do Concello de Lugo celebran este martes a festividade da patrona dos funcionarios da administración local, Santa Rita. Por este motivo, as oficinas e instalacións municipais permanecerán pechadas mañá, día 22 de maio.

O Alcalde, José López Orozco, participará xunto a outros membros da Corporación Municipal no tradicional xantar de confraternización entre os traballadores municipais, que terá lugar a partir das 14:45 horas no restaurante Jorge I.

A Xunta de Persoal do Concello organiza un programa de actividades de ocio, que comezou o pasado sábado 17 de maio co campionato de pesca. A programación de mañá comezará ás 11:00 horas no Centro social Uxío Novoneyra co Campionato de Tute, de xadrez e parchís. Haberá ademais, un encontro de fútbol sala ás 12.00 horas no pavillón Municipal da Avenida de Duquesa de Lugo.

Ademais, rendirase unha homenaxe aos 14 traballadores xubilados desde maio do ano pasado.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova