Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Preto de 180 rapaces de toda España participarán esta fin de semana no Concurso Nacional de Educación Vial e de Seguridade Vial en Ciclomotor


# Mércores, 21/05/2008
As probas terán lugar no Parque Infantil de Tráfico do Concello de Lugo

A Concelleira de Educación, Dolores Vieiro, o Xefe Provincial de Tráfico, Julio González e o Director do Parque Infantil de Tráfico, José Reigosa, presentaron o programa do XLIV Concurso Nacional de Educación Vial e o XXX Concurso Nacional de Seguridad Vial en Ciclomotor.

Nesta proba participarán un total de 89 equipos de toda España, que representan a 13 Comunidades Autónomas e 70 cidades españolas. O Campionato reunirá na cidade amurallada a 178 nenos e nenas con idades comprendidas entre os 8 e os 16 anos, acompañados de 89 monitores.

Programa de actos
Día 23-05-08: - Ás 19:00 horas haberá unha concentración dos equipos na Praza de Alférez Provisional, a continuación desfile dos equipos.

- Ás 19:30 horas recepción dos equipos na Ronda de la Muralla (frente á Praza da Constitución), polo Alcalde de Lugo, José López Orozco, e o Subdirector Xeneral de Educación e Divulgación da DXT e outras autoridades invitadas ao acto.

Día 24-05-08:

-Ás 8:45 horas, inicio das probas teóricas.

-Ás 9:30 horas, recoñecemento da pista do Parque Infantil polos equipos participantes. (en caso de choiva o certame realizaríase no Pazo de feiras e Congresos)

-Ás 9:45 horas, comienzo das probas prácticas, entran 10 equipos (20 nenos e nenas) en cada turno, haberá nove turnos que finalizarán aproximadamente ás 14:00 horas.

-Ás 14:30 horas celebrarase unha comida oficial ofrecida pola DXT.

-Ás 18:30 horas, efectuarase a lectura de actas, proclamación de resultados e entrega de trofeos no Auditorio Gustavo Freire.

-Ás 21:30 horas, o Concello de Lugo ofrecerá unha cea en honor dos participantes e haberá unha entrega de agasallos.

Día 25-05-08:
-Ás 9:30 horas, excursión turística pola Ribeira Sacra. Paseo en Catamarán polos Cañones del Sil.
-Ás 14:00 horas, comida no mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil.
-Ás 17:00 horas, regreso a Lugo.

Trofeos
Os rapaces participantes optarán aos seguintes trofesos e premios: No apartado de Educación Vial na categoría de equipos recibirán:
- O primeiro clasificado un trofeo e 5.000 euros
- O segundo clasificado un trofeo e 3.500 euros
- O terceiro un trofeo e 2.500 euros
- O cuarto, quinto e sexto clasificado recibirá un trofeo e 1.600 euros

Na categoría individual os tres primeiros clasificados recibirán un trofeo e unha bicicleta.

No apartado de seguridade vial en ciclomotor os equipos gañadores recibirán un trofeo, mentre que na categoría individual os tres primeiros recibirán un trofeo e un ordenador portátil.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova