Cargando....
Concello de Lugo
20/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

A Comisión de Patrimonio da FEMP aproba o Plan de traballo do 2008


# Mércores, 21/05/2008
Organizarán unhas xornadas para fixar os criterios de iluminación dos monumentos

Acordaron tamén impulsar medidas para reducir o vandalismo nos centros históricos e buscar liñas de financiamento para a recuperación do patrimonio

O Alcalde de Lugo, presidiu a primeira xuntanza da nova Comisión de Patrimonio Histórico-Cultural da Federación Española de Municipios e Provincias que tivo lugar na súa sede situada en Madrid.

A orde do día desta xuntanza incluía o debate e aprobación das propostas do Programa Anual de Actividade da Comisión para este ano 2008, que quedou finalmente aprobado hoxe.

O plan inclúe:

• Incentivar as relacións entre as distintas Administracións Públicas, a colaboración en rede entre os distintos concellos no so españois senón tamén da Unión Europea e América Latina, de maneira que se fomente a preservación e conservación do Patrimonio Histórico e Cultural.

• Mellorar a calidade das nosas cidades, impulsando o desenvolvemento de proxectos de intervención integral en centros históricos e barrios periféricos, que á súa vez se executarán co apoio de escolas taller, o que xerará emprego e permitirá a recuperación dalgúns oficios.

• Impulsar modificacións a nivel estatal da normativa de patrimonio histórico.

• Impulsar o desenvolvemento de Plans Especiais de Protección, especialmente dos centros históricos, pero tamén dos barrios con menor presencia monumental, conservando a identidade das cidades, eliminando elementos pouco axeitados (contaminación lumínica, cableado aéreo, anuncios, etc.) e revalorizando aqueles elementos que as dotan de identidade, permitindo a identificación dos seus membros.

• Impulsar medidas que contribúan a reducir o vandalismo nos centros históricos e as agresións ao patrimonio, particularmente os graffitis, a rotura de luminarias e os derivados do denominado “botellón”.

• Analizar o impacto do turismo nos centros históricos, de maneira que os municipios emprendan as accións dirixidas a satisfacer as necesidades reais en función da carga turística que poden soportar.

• Impulsar accións para a busca de liñas de financiamento para a recuperación do patrimonio, entre outras a obtención de préstamos máis flexibles para a recuperación do patrimonio, e reivindicar a participación na Comisión Interministerial do 1% Cultural.

• Propiciar os vínculos con diversas entidades relacionadas co patrimonio, coma o Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España, a UNESCO, o Consello Internacional de Monumentos e Sitios (ICOMOS), garantizando a presencia da FEMP, na medida do posible, nos órganos de decisión.

• Informar ás Entidades Locais Españolas de accións exemplarizantes en relación coas boas prácticas en relación co patrimonio histórico e cultural que se estén desenvolvendo noutros municipios, fomentando o seu intercambio.

• Informar ás Entidades Locais, sobre todo aos pequenos municipios, sobre o acceso aos programas europeos contemplados no VII Plan Marco da Unión Europea.

Na xuntanza tamén acordaron comezar a buscar financiamento para a organización dunhas xornadas que expliquen os criterios a seguir para a iluminación de monumentos.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova