Cargando....
Concello de Lugo
19/04/24
NOVAS
Escoita esta páxina

Políticos, técnicos e redactoras manteñen unha nova xuntanza cumprindo o primeiro dos prazos marcados no calendario do PXOM


# Mércores, 21/05/2008
O Concelleiro de Urbanismo suliña que o equipo de goberno traballa para aprobalo nas datas marcadas "pese ás declaracións dalgún grupo político concreto"

O Concelleiro de Urbanismo, Francisco Fernández Liñares, deu conta da primeira xuntanza mantida con técnicos e equipo redactor do Plan Xeral dende que o pasado día 8 consensuasen entre todos os grupos políticos un calendario fixo para a aprobación.

 

Fernández Liñares explicou que a xuntanza de hoxe centrouse fundamentalmente no estudo da normativa urbanística, centrándose en colisións coa Lei do solo e Decreto habitat. Analizaron a situación das entreplantas para as que se facilitará a súa existencia onde estén feitas e non computen edificabilidade; falaron tamén da necesidade de suavizar o concepto de fóra de ordenación diferenciando a parcial e a total, sendo esta última a que regula plenamente a lei e que se refire a edificios situados nun solo urbanizable pendente de desenvolvemento.

 

Na rolda de prensa posterior á xuntanza o responsable de Urbanismo tamén quixo deixar clara cal é a posición do equipo de goberno sobre a aprobación do plan ante as declaracións dalgún grupo político que pon “condicionantes” a esta aprobación.

 

Liñares agradeceu aos técnicos municipais “esta carreira final. Estou satisfeito porque o Plan vaise aprobar segundo o calendario fixado, incluso con algún xiro importante dun partido político que ao ver a data de aprobación seria collenlle medo a que se aprobe o plan, pero en precampaña queren que o Plan de Lugo lles dea rendimentos electorais. Non se pode utilizar aos veciños como argumento para salvar as deficiencias políticas” Suliñou que a intención do equipo de goberno e “seguir traballando con presenza dese partido ou sen el”.

 

 No relativo  a unha nova exposición pública, o Concelleiro quixo deixar claro que eso terán que ser os informes técnicos os que o determinen “teño un respecto moi grande porque se trata dun concepto xurídico e os nosos funcionarios son tremendamente rigurosos en todo o que se fai”.




Compartir:
Facebook Del.icio.us My Yahoo Technorati Meneame Wikio
RSS                                      Plan Avanza,Abre fiestra nova Instituto de Crédito Oficial,Abre fiestra nova